Saltar navegación

5.1. Como imos facer?

Facemos a posta en común

Esquema dunha aula por recunchos

Chegou o día da Feira. Imos compartir o noso traballo. Cada equipo expoñerá aos seus compañeiros e ás súas compañeiras o seu traballo. Para iso empregaremos os roles cos que estivemos traballando ao longo das diferentes fases do reto; cada un e cada unha contará ao resto da aula como foi o seu traballo. Como fomos variando eses roles procuraremos que cada quen faga a exposición daquela parte do traballo onde se sentira máis a gusto.

Lectura facilitada

Hoxe é o día da Feira!

Imos compartir o noso traballo con todos.

Cada equipo ensinará o que fixo aos demais.

Para isto, usaremos os roles que tivemos.

Cada un contará como foi o seu traballo.

Como cambiamos os roles, cada persoa explicará a parte que máis lle gustou.

Organizando o espazo

Dividimos a clase en recunchos, un para cada equipo. Cada espazo será o estudio de radio de cada emisora polo que debemos acondicionalo de maneira que nos identifique. Para iso deberemos:

  • Facer o noso logo en tamaño cartolina ou en papel continuo para colgalo na parede.
  • Colocar as mesas que precisemos e catro cadeiras, unha para cada persoa do equipo.
  • Un ordenador por equipo. Pode ser un de alumnado Abalar/Edixgal
  • Deberemos ter un equipo de son para cada equipo para compartir co resto os programas de radio. Podemos empregar o mesmo e ir rotando por todos os equipos.

Lectura facilitada

Para a Feira da Radio, imos dividir a clase en recunchos.

Cada recuncho será o estudio de radio do noso equipo.

Debemos decorar o noso espazo para que se nos recoñeza.

Para iso, faremos o noso logo grande nunha cartolina ou papel.

Colgaremos o logo na parede do noso recuncho.

Poñeremos as mesas que necesitemos e catro cadeiras.

Cada persoa do equipo terá unha cadeira.

Necesitaremos un ordenador por equipo.

Podemos usar os ordenadores Abalar/Edixgal.

Tamén necesitaremos un equipo de son por equipo.

Así poderemos ensinar os nosos programas de radio.

Podemos usar o mesmo equipo e ir pasando polos recunchos.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)