Saltar navegación

Pensando nos medio de comunicación

Agora tócache a ti

Facede grupos e contestade a estas preguntas sobre os medios de comunicación.

Para contestalas tedes que mirar o esquema principal da páxina anterior.

1.- Cantos medios de comunicación aparecen?

2.- Deses medios de comunicación, cal é o que se coñece como "medio impreso"?

3.- Cal é o medio de comunicación máis influente e popular do mundo? E o máis antigo?

4.- O medio de comunicación que conecta a millóns de ordenadores en todo o mundo, cal é?

5.- Que son os blogs? É os sitios web?

Podedes usar este documento en PDF para contestar ás preguntas clicando na imaxe:

Que sabes sobre os medios?

Podes descargalo tamén en ODT premendo aquí.

Que sabedes dos medios de comunicación?

Agora é o momento de comprobar os teus coñecementos sobre os medios de comunicación. Elixe a opción que prefiras para poñerte a proba.

Opción A - Atrévete a encher os ocos!







Opción B - Escolle a resposta correcta

Pregunta

Como se chama a persoa que presenta noticias, programas de radio ou televisión?

Respostas

Presentador ou presentadora

Director ou directora de fotografía.

Retroalimentación

Pregunta

Que persoa fai a investigación, redacción e reportaxe de noticias?

Respostas

Presentador ou presentadora.

Periodista

Retroalimentación

Pregunta

Quen revisa e edita o contido creado por xornalistas?

Respostas

Editor ou editora.

Fotógrafo ou fotógrafa.

Retroalimentación

Pregunta

 Quen é a persoa  encargada de facer as imaxes que se utilizan?

Respostas

Editor ou editora

Fotógrafo ou fotógrafa

Retroalimentación

Pregunta

Quen crea e edita contido para sitios web, blogs, redes sociais e outras plataformas en liña?

Respostas

Director ou directora de fotografía.

Redactora de contido dixital.

Retroalimentación

Pregunta

Quen é a persoa responsable da composición visual e estética de películas, programas de televisión ou producións dixitais?

Respostas

Editor ou editora

Director ou directora de fotografía

Retroalimentación

Opción C - Completa estas oracións

Le e completa coas seguintes palabras (medios dixitais, medios electrónicos, medios impresos, radio e televisión, redes sociais e prensa )

Os inclúen sitios web, blogs, redes sociais e plataformas de noticias en liña.

Os inclúen periódicos, revistas, libros e calquera forma de publicación impresa. Estes medios foron tradicionalmente unha fonte importante de información. 

Os engloban a radio e a televisión, que transmiten información e entretemento a través de ondas electromagnéticas. 

A é un medio de comunicación que se centra na publicación  de noticias, información e análise a través de periódicos e revistas.

As permiten ás persoas usuarias crear perfís persoais, conectarse con outra xente e compartir contido, ideas e actividades.

A son medios de comunicación que transmiten información e entretemento.

Activar JavaScript

Hora de ler

Pictograma que representa un neno lendoUltimamente Internet está moi presente nas nosas vidas. Os ordenadores, as tabletas e os móbiles rouban unha gran parte do noso tempo. Aínda así, pensa que non todo o que vemos a través das redes é o que parece e que o perigo pode estar en Internet.

Acompaña aos Megatoxos lendo Fariña, A. "Os Megatoxos e o reto de Internet"  (2022). Xerais, e vivirás aventuras sorprendentes.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)