Compartimos

Chegamos ao final do noso camiño! É o momento de compartir o noso traballo cos nosos compañeiros e as nosas compañeiras. Vendo os traballos dos outros grupos darémonos conta dos nosos puntos débiles e compartiremos os nosos puntos fortes e acertos.
Para poder ver, escoitar e compartir imos organizar A Feira da Radio, unha exposición onde todos os grupos montarán o seu estudo de radio.
Lectura facilitada
Xa chegamos ao final!
Agora imos compartir o noso traballo cos compañeiros.
Vendo os traballos dos outros, veremos o que podemos mellorar.
Tamén compartiremos o que fixemos ben.
Para ver e escoitar todo, imos facer A Feira da Radio.
Cada grupo montará o seu estudo de radio nunha exposición.