Saltar navegación

Agora tócache a ti

Actividades individuais - Prepárate para dominar os signos de puntuación!

Mans e logo puntuación

Dominar o uso correcto dos signos de puntuación é esencial para comunicarnos de maneira efectiva e clara en calquera ámbito.

Neste contexto, propóñense actividades multinivel que abranguen desde exercicios básicos ata desafíos máis avanzados sobre a correcta utilización dos puntos, comas, puntos e comas, entre outros signos. Avanza neste REA para descubrir e coller destreza no mundo da puntuación. Xa verás que pracer é mellorar as habilidades lingüísticas.

Arrancamos con 6 actividades individuais multiniveladas e 1 actividade grupal dividida en tres partes.

Prepárate para mergullarte na arte da escrita con precisión e estilo!

Opción A - Fai un breve esquema no caderno

Fixándote no explicado anteriormente, fai unha táboa a modo de resumo onde recollas o uso da coma, o punto e os puntos suspensivos.

Podes empregar unha táboa como a seguinte:

Esquema de signos de puntuación

Descargar en ODT 

Opción B - Fai un esquema no programa FreeMind

Xa coñeces o programa FreeMind. Agora podes usalo para facer un esquema usando o ordenador da aula onde se recollan os usos máis frecuentes dos signos de puntuación que acabamos de ver.

Podes empregar o seguinte exemplo:

Esquema dos signos de puntuación feito con FreeMind

Opción C - Redacta tres frases.

Programa deportivo

Somos locutores e locutoras dun programa de radio deportivo. Redacta tres frases onde empregues a coma, os dous puntos e os puntos suspensivos.

A continuación dálles audiencia en voz alta na clase.

Completa, escolle e escribe usando os signos de puntuación

Para afianzar máis o uso dos signos de puntuación, aquí tes máis exercicios para seguir practicando. Adiante!

Opción A - Borráronse os signos de puntuación. Axuda!

Resulta que se lle borraron algúns signos de puntuación. Poderías colocalos correctamente nos ocos?

Hoxe é un día solleiro sen nubes grises no ceo os paxaros axitan as súas ás alegremente apoiados nos caleiros das casas. Todo o contrario a onte cando o vento sopraba con forza, facendo bailar as follas das árbores. Neste ambiente solleiro síntome mellor.

Na costa galega o mar bate con forza contra as rochas as ondas rompen creando espuma branca. Os pescadores e as pescadoras preparan as súas redes, agardando a súa pesca do día As gaivotas voan sobre as augas, buscando os restos dos barcos pesqueiros O faro do cabo Silleiro guía os e as navegantes na noite escura. Ao lonxe o sol ponse no horizonte pintando o ceo de tonalidades laranxas e rosas. Que día tan marabilloso!

Activar JavaScript

Opción B . Le e escolle a frase correcta

Pregunta

En que frase se usan correctamente os dous puntos?

Respostas

Seiche dicir as cousas que levo na miña mochila: un lapis, un estoxo e unha goma.

Seiche dicir as cousas que levo: na miña mochila, un lapis, un estoxo e unha goma.

Retroalimentación

Pregunta

En que frase se usan correctamente os dous puntos?

Respostas

O mestre dixo: "Mañá temos exame a primeira hora e despois imos de excursión".

O mestre dixo mañá temos exame a: primeira hora e despois imos de excursión.

Retroalimentación

Pregunta

En que frase se usa correctamente a coma?

Respostas

Gústame o baloncesto, o tenis e os xogos de cartas.

Gústame, o baloncesto o tenis e os xogos de cartas.

Retroalimentación

Pregunta

Hoxe hai filloas con mel de sobremesa. Ofrécenche repetir e pregúntanche: queres máis? Como responderías se estás satisfeito e non queres máis?

Respostas

Non, quero máis.

Non quero máis.

Retroalimentación

Opción C - Que voe a túa imaxinación!

Cabeza imaxinando

Imos aplicar o aprendido ata agora, escribindo unha pequena historia.

Nunha folla ou nun procesador de texto do ordenador escribe un texto onde polo menos utilices: 3 puntos, 3 comas, 2 puntos e coma, 2 dous puntos e 2 puntos suspensivos. 

Escribe polo menos media folla e recorda facer unha narración clara, separada por parágrafos e que teña: introdución, nó e desenlace.



Retroalimentación

Podes consultar a escala de avaliación da actividade, axudarache a facer a tarefa correctamente.

Escala para valorar a actividade de escribir un texto con signos de puntuación

Podes descargala en ODT desde aquí.

Actividades grupais, toca practicar en equipo

Traballar en equipo despois de facer actividades individuais permite compartir ideas, optimizar recursos e acadar obxectivos de forma colaborativa e eficaz. Alá vouuu!

Escoita, transcribe e comparte

Agrupamento:
4
escoitar e escribir

En grupos de 4, escoitar un fragmento, por exemplo co que se introduce este apartado ou un anuncio que che guste, e intenta transcribir o  seu contido, poñendo especial atención nos signos de puntuación.

Despois elaborar un guión, un pequeno fragmento, por exemplo dunha noticia breve, un anuncio..., e gravalo.



alumnado traballando en equipo

Seguidamente, coa mesma formación grupal, cada un escribe dúas oracións e leas en voz alta. O resto do equipo ten que escribilas prestando especial atención aos signos de puntuación.

Soamente resta pescudar se puxeron correctamente os signos de puntuación.



Alumnado traballando coa prensa

E por último toca coller un xornal, preferiblemente local. Agora imos xogar a reparar os signos de puntuación.

Dúas persoas do grupo quitan dúas comas, dous puntos e puntos suspensivos dunha noticia ou un artigo e a continuación pídenlle ao resto do grupo que coloque os signos de puntuación para que este teña sentido. Por suposto ao acabar unha persoa, intercámbianse os papeis.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)