Saltar navegación

2.2. Últimas noticias!

 

Glosario

Detractores, detractoras

Imaxe cun debuxo a cor de 3 persoas agarradas dos ombreiros en sinal de amizade, riscada cun X

Definición:

Persoas que teñen ideas contrarias a algo ou alguén e que o expresan abertamente.

Exemplo:

Hai moitos detractores das redes sociais porque pensan que son perigosas.

Lonxevidade

Vida

Definición:

Cualidade que teñen as persoas ou as cousas que duran moitos anos.

Exemplo:

A persoa máis lonxeva de Galicia ten 103 anos.

Lemos para informarnos

Le atentamente a noticia para informate do que está a pasar na Pontevella de Abaixo.

Imaxe dunha noticia publicada nun xornal.

Kardia di Sabes o que son as cinco W?

Esquema que representa as respostas que nos debe dar unha noticia

Lembras o que é preciso para que unha noticia cumpra cos niveis informativos necesarios? 

Calquera noticia debe dar resposta a cinco preguntas básicas, tamén coñecidas como as 5W do periodismo debido á súa orixe anglosaxoa, que a continuación recordaremos:

  • Que (what?) sucedeu.
  • Quen (who?) é ou son as persoas protagonistas.
  • Onde (where?) sucedeu.
  • Cando (when?) sucedeu.
  • Por que (why?) sucedeu.

Ademais, para ser máis precisos e precisas, a estas cinco preguntas sumaremos unha máis. Esta é como sucedeu ese acontecemento que estamos describindo.

Busca a resposta a cada pregunta

Relaciona cada unha das preguntas ás que debe dar resposta unha noticia coa parte que corresponde.

A construción dun centro sociocultural pon en perigo o Carballo dos mil anos
Uns corenta veciños e veciñas da Pontevella
En Pontevella de Abaixo.
O  20 de abril
Porque se trata dunha árbore centenaria e a veciñanza cre que debe ser preservada.
Encadeándose á árbore.

Activar JavaScript

Inventamos unha noticia

Inventa e escribe unha noticia que dea resposta ás 5W do xornalismo e ao como. Basea a túa noticia nas seguintes imaxes. 

As 5W e Como: Tarefa

Instrucións

Fíxate na estrutura da noticia do apartado "Lemos para informarnos" e intenta manter a estrutura similar empregando a información e personaxes que tes aquí arriba. Ánimo!

Reflexionamos sobre o aprendido

Chegou o momento de parar e reflexionar sobre o que estamos aprendendo. Contesta ás seguintes preguntas no teu diario de aprendizaxe:

  • Cales son os programas que máis segues?
  • Que medio prefires: radio, televisión ou Internet?
  • Os teus gustos coinciden cos dos teus compañeiros e das túas compañeiras?

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)