Saltar navegación

A invasión dos medios!

 

Glosario

Análise

Explicar

Definición:

Estudo dun feito concreto.

Exemplo:

Leremos o texto e procederemos á súa análise.

Audiencia

Público

Definición:

Persoas ás que se dirixe un espectáculo ou un programa de radio ou televisión.

Exemplo:

O cantante dirixiulle unhas palabras á audiencia.

Blog

Blog

Definición:

Espazo web de carácter persoal.

Exemplo:

Tivo moito éxito co blog que creou sobre moda.

Ondas electromagnéticas

Línea ondulada

Definición:

Ondas que viaxan polo aire, non se ven e van a velocidade da luz.

Exemplo:

A radio produce ondas electromagnéticas.

Cantos medios de comunicación hai!

Infografía os medios de comunicaciónPodes descargar este gráfico premendo aquí.

Os medios de comunicación son canles ou plataformas a través dos cales se transmite información, noticias, entretemento e mensaxes a moita xente.

Estes medios son moi importantes na nosa sociedade, xa que inflúen na opinión pública e promoven o debate e a discusión.

Cada tipo de medio de comunicación ten as súas propias características. Os medios impresos ofrecen unha experiencia duradeira, é dicir, podemos consultalos durante varios días. Polo contrario, non nos ofrecen información de maneira inmediata.

Os medios como a radio ou a televisión ofrecen información de maneira instantánea. Ata fai pouco tempo non tiñamos posibilidade de volver a velos unha vez que xa rematara a emisión. Actualmente as plataformas de TV e os podcasts permítennos acceder aos contidos despois de emitidos.

Lectura facilitada

Os medios de comunicación son formas de dar información.

Tamén dan noticias e entretemento.

Chegan a moita xente.

Son moi importantes na nosa sociedade.

Axudan á xente a formarse unha opinión.

Tamén fan que a xente fale e debata sobre temas. 

Cada medio de comunicación é diferente.

Os medios impresos son os xornais e revistas.

Podemos lelos durante varios días.

Pero non dan a información ao momento.

A radio e a televisión dan información ao instante.

Antes, cando remataba a emisión, xa non podías velo.

Agora, as plataformas de televisión e os podcasts permítennos velos ou escoitalos cando queiramos.

Esquema de comunicación

Esquema da comunicación

Lembra cales son os elementos que teñen que estar presentes para que se produza comunicación. Só hai comunicación se nos entendemos, é dicir, se a persoa emisora emite unha mensaxe cun código coñecido polo receptor ou pola receptora que chega a este a través dunha canle.

Sabías que...

As profesións nos medios de comunicación son moitas. Aquí hai algunhas profesións máis habituais:

Tamén os medios de comunicación poden clasificarse en diferentes categorías, que inclúen:

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)