Que sabemos...
Os locutores e as locutoras de radio sempre tiveron en conta que as súas mensaxes non permanecen, son escoitadas só no momento en que se din. Agora mesmo esta situación cambiou grazas aos podcasts. Os podcasts son gravacións de programas de radio ou de fragmentos deles que se poden descargar e escoitar en calquera momento e que a maioría das emisoras ofrecen. Sen embargo, este carácter fugaz das mensaxes radiofónicas segue condicionando a forma en que se redactan os guións, xa que a idea inicial da radio é que se escoite no momento.
Por iso os guións dos programas de radio teñen moi en conta as seguintes características:
1. Empregar oracións curtas
Empregar oracións moi longas vai dificultar a comprensión.
2. Tempos verbais en presente
É mellor empregar tempos verbais en presente que en pasado. Loxicamente cando se conta unha noticia que xa pasou empregaremos o tempo pasado.
3. Entoación axeitada
Empregar unha entoación axeitada tendo moi en conta as pausas.
4. Empregar unha linguaxe inclusiva
Expresarse de maneira escrita e oral sen discriminar a un sexo e sen perpetuar estereotipos de xénero. Algunhas maneiras de evitar o uso non-inclusivo da linguaxe son as seguintes:
— Nomes colectivos ("estudantes" en lugar de "alumnos").
— Desmontar estereotipos (en lugar de “muller da limpeza”, utilizar “persoal de limpeza”).
Lectura facilitada
Os guións dos programas de radio deben ter moi en conta as seguintes características:
1.- Empregar oracións curtas.
2.- Empregar tempos verbais en presente mellor que en pasado.
3.- Empregar unha entoación axeitada.
4.- Empregar linguaxe inclusiva. Isto é expresarse de maneira escrita e oral sen discriminar por sexo ou xénero.
