Saltar navegación

3.4. É moi importante ter un bo guión

Escoita atentamente

Logo de RadioPatio

Xa dixo a nosa amiga Xiana de Xinzo de Limia:

"Como é posible que non saiban pronunciar Sanxenxo e que, sen embargo, pronuncien Shakira perfectamente?"

Transcrición

Benvidos e benvidas a RadioPatio, a voz da nosa escola!

Hoxe tócanos falar de como escribimos.

Imos aló…

Como xa saberás, nesta esquina verde temos unha pronunciación propia da letra x que a moitos castelánfalantes lle costa un montón. 

Seguro que escoitaches que nalgún medio de comunicación se fala da hunta de Galicia ou de Sanchencho. Erro ! 

Xa dixo a nosa amiga Xiana de Xinzo de Limia

— “Como é posible que non saiban pronunciar Sanxenxo e que, no entanto, pronuncien Shakira perfectamente?” 

Canta razón ten Xiana!!! É o mesmo son o de Shakira que o de Sanxenxo.

A ver, imos practicar un pouco. Proba a repetir estas palabras:

xaxún…………xanela……………Xurxo……………..xemelgo…………coxa

Fuches capaz? Seguro que si. Parabéns!!

Pero… moito ollo que aquí tamén pronunciamos a x doutra maneira. Fíxate en: exame, éxito, extraterrestre, experimento.

En resumo: non hai letra que se nos resista. 

Ata a próxima oíntes de RadioPatio.

Escolle a resposta correcta sobre o audio anterior

Pregunta

De que letra están a falar en RadioPatio?

Respostas

X

B

Retroalimentación

Pregunta

De que se estraña Xiana de Xinzo de Limia?

Respostas

Do ben que pronuncian o "x" en todas as palabras.

De que non son capaces de pronunciar ben Sanxenxo e, no entanto, Shakira fano perfectamente.

Retroalimentación

Pregunta

O son "x" de Shakira soa igual ca o de...?

Respostas

Sabarís.

Sanxenxo.

Retroalimentación

Pregunta

Que outras palabras soan igual ca Sanxenxo?

Respostas

Coxa, Xurxo e xemelgo.

Costa, Sara e estrañar.

Retroalimentación

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)