A entrevista
As entrevistas son comúns nos medios de comunicación para obter información en diversos campos. Os entrevistadores e as entrevistadoras preparan preguntas con antelación e dinllas á persoa entrevistada para obter información mediante as súas respostas. Úsanse moito nos medios de comunicación e nas contornas laborais ou académicas.
Ademais de obter información, tamén exploran opinións e presentan a unha persoa ao público. Por exemplo, é normal que para conseguir un traballo, a empresa faga unha entrevista previa para pescudar as habilidades da persoa que opta ao posto.
Preparar unha entrevista axeitadamente é crucial para obter a información desexada e facer que a conversa sexa efectiva e obter a información útil.
Investiga previamente a persoa entrevistada
Busca información sobre a persoa a entrevistar. Aprende sobre a súa experiencia, logros ou calquera outra información relevante que che axude a formular preguntas.
Define obxectivos
Establece obxectivos claros que queres alcanzar. É dicir, que queres saber realmente.
Crea unha lista de preguntas
Baseándote na túa investigación e nos obxectivos da entrevista, elabora unha lista de preguntas.
Fai preguntas lóxicas e dinámicas, é boa idea resaltar positivamente os seus logros, para que a persoa entrevistada se sinta a gusto e que poida responder comodamente.
Obtense moita información facendo preguntas do tipo: que, para que, como e cando.
Practica
Repasa as túas preguntas e practica a entrevista previamente, xa sexa en voz alta ou cun amigo ou amiga. Isto axudará a familiarizarte co fluxo da conversación.
Prepara o equipo técnico
Asegúrate de que todo o equipo técnico estea listo e funcionando correctamente. Se podes ten material de reposto e revísao antes de comezar: gravadora de son, cámaras, micrófonos e calquera outro equipo necesario.
Lectura facilitada
As entrevistas son unha boa forma de conseguir información doutra persoa.
Son moi importantes no traballo.
Tamén nos estudos.
Axudan a saber se unha persoa é boa para un posto de traballo.
Ou para coñecer a súa opinión sobre un tema.
Tamén para saber o que sabe desa persoa.
