Uso da "x" e "s".
Os medios de comunicación non sempre son precisos na pronuncia dalgunhas palabras.
Ímonos centrar nas letras “x” e “s”, cuxa pronuncia e uso acostuma causar bastante confusión debido á influencia do castelán.
Aquí podes comprobar como nalgúns medios non se pronuncia debidamente o fonema /ʃ/ para a letra “x”, pois tende a confundirse co fonema /s/ da letra “s”.
Para comprender un pouco mellor a evolución da letra “x” en galego, propoñémosche ver este vídeo do #DígochoEu sobre A historia da letra x:
Audio
O “x” ten dúas pronuncias en galego. Por un lado, pode pronunciarse como /ʃ/ en palabras que evolucionaron máis no idioma, como xigante ou Xián; mentres que se pronuncia como /ks/ en palabras de incorporación máis tardía no noso idioma ou procedentes doutra lingua, como complexo ou galaxia.
Lectura facilitada
Existen erros na pronuncia dalgunhas palabras. Isto pásalle as letras “s” e “x”.
Para comprender mellor o uso da letras “x” visualiza o vídeo.
O “x” ten dúas pronuncias en galego:
Pode pronunciarse como /ʃ/ en palabras como xigante ou Xián.
Pode pronunciarse como /ks/ en palabras como complexo ou galaxia.
Ponte a proba
Ponte a proba! Como pronunciarías as seguintes palabras?
reflexo
prefixo
taxa
xastre
clixé
oxíxeno
Neste vídeo do #DígochoEu aprenderás a pronunciar o “x” en galego.
Agora serías capaz de escribir diferentes palabras que conteñan cada un dos seguintes fonemas?