Saltar navegación

Sen présa pero con pausa

 

Glosario

Folgos

Banner pequeno de cREAgal

Definición:

Forzas. Coller folgos é coller forzas, descansar.

Exemplo:

Fixemos un descanso na camiñada para coller folgos.

Enumeración

Banner pequeno de cREAgal

Definición:

Listado de cousas que pertencen á mesma categoría.

Exemplo:

A mestra fixo unha enumeración das cousas que había que levar á excursión.

Uso de ":", ";" e "..."

Os locutores e as locutoras de radio e TV, os e as youtubers e a maioría das persoas que teñen que falar en público, fano seguindo un guión escrito. Trátase de que a locución se faga coa pronunciación, a entoación e as pausas precisas para facilitar a comprensión das mensaxes.

Para facer un guión para un programa de radio é moi importante que escribamos os textos correctamente, só así os poderemos ler coa entoación e as pausas axeitadas. Non debemos esquecer pronunciar ben os diferentes sons, de non facelo así estaremos provocando confusións nas persoas que nos van escoitar.

Unha parte importante do guión é o que non se di, é dicir, as pausas. As pausas facilitan a lectura permitíndonos coller folgos para continuar ao tempo que contribúen a mellorar a comprensión do texto.

Ata agora vimos como facelas empregando puntos ou comas. Agora imos ver o emprego de outros signos de puntuación moi importantes á hora de escribir un guión dun programa de radio, xa que nos van permitir resaltar os contidos que nos interesan, facer pausas ou xerar expectación ante o que vai vir. Son os “:”, “;” e “...”

Lectura facilitada

A maioría das persoas que falan en público fano seguindo un guión escrito, aínda que non se note.

Por iso teñen boa pronunciación, entoación e fan as pausas precisas.

Na radio ocorre o mesmo, cómpre facer un guión.

Tamén son importantes as pausas, xa que facilitan a lectura e melloran a comprensión.

A continuación explícanse o uso dos signos de puntuación como:

os dous puntos, punto e coma, coma e puntos suspensivos.

As pausas importan

Por que son importantes as pausas? Fíxate como en moitos casos unha coma pode cambiar completamente o sentido e o significado dunha oración.

Seguidamente verás exemplos de oracións que teñen diferente significado segundo coloquemos as (,) comas:

Lectura facilitada

As pausas ao falar regúlanse cos signos de puntuación.

Son moi importantes para unha correcta comprensión.

Fíxate no uso da coma.

Uso dos :

Os dous puntos serven para facer unha pausa e chamar a atención das persoas que escoitan anunciándolles que lles imos dicir algo que nos parece importante. Ao igual ca coma van pegados á palabra anterior e separados por un espazo da palabra seguinte. 

Empregamos os ":" nos seguintes casos:

Lectura facilitada

Os dous puntos serven para facer unha pausa e unha chamada de atención.

Empréganse para:

Facer unha enumeración.

Destacar os títulos dos textos.

Para a comprensión dun subíndice.

Para reproducir palabras exactas que dixo unha persoa.

Uso dos puntos ...

Eses tres puntiños que van seguidos teñen moita importancia no mundo da radio e os medios de comunicación, xa que permiten darlle ás mensaxes moita expresividade. Se miramos o guión dun programa de radio seguro que atopamos un montón, porque axudan a entender mellor a intención da persoa que está a falar. Explicamos o seu uso a continuación:

Lectura facilitada

Os puntos suspensivos engaden expresividade a unha frase.

Empréganse para expresar dúbida ou desexo, para continuar unha enumeración e para os refráns e as frases feitas.

Uso do ;

O punto e coma emprégase para facer unha pausa un pouco máis grande que a coma. Aínda que non é un signo que se empregue moito vainos ser de moita axuda á hora de ler un guión dun podcast ou dun programa de radio xa que nos van permitir marcar diferencias entre as diversas partes dun texto.

Podemos usar o punto e coma para enumerar nunha lista onde xa hai comas entre os distintos elementos.

Exemplo:

Hoxe xogarán: de porteira Carme; na defensa Marta, Cristina, Noa e laura; no medio Paula, Antía, Mencía e Isa; como dianteiras Comba e Lola.

Lectura facilitada

O punto e coma emprégase para facer unha pausa un pouco máis grande que a coma.

Tamén marca a diferencia entre dúas partes dun texto.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)