Saltar navegación

1.1. No aire!

 

Glosario

Massachusets

Mapa de América

Definición:

Estado dos Estados Unidos de América situado na costa leste.

Exemplo:

O estado de Massachusets está ao norte de New York.

Retransmisión

Antena

Definición:

Transmitir un acontecemento por radio ou televisión sen facer ningunha gravación previa, en directo.

Exemplo:

Imos ver a retransmisión do partido do noso equipo preferido.

Os comenzos non son doados

Sabes cando empezaron as emisións de radio e televisión en galego? Aínda que a TVG iniciou as súas emisións en 1985, foi a mediados dos anos 70 cando se empezou a emitir un programa informativo en galego. Chamábase Panorama de Galicia e emitíao TVE. A primeira retransmisión deportiva feita integramente na nosa lingua é do ano 1983 e foi un partido de fútbol entre o Valladolid e o Celta feita por RNE. No tocante a programas infantís e xuvenís en galego, foi no ano 1994 cando se emitiu por primeira vez o Xabarín Club 

Dende entón a radio e a televisión galegas experimentaron moitos cambios e foron adaptándose ós novos tempos, ofrecendo todo tipo de programas.

Lectura facilitada

A TVG (Televisión de Galicia) empezou a emitir en 1985.

Pero xa antes, a mediados dos anos 70, TVE emitía un programa de noticias en galego.

Chamábase "Panorama de Galicia".

A primeira vez que se transmitiu un partido de fútbol enteiro en galego foi en 1983.

Fíxoo RNE e foi un partido entre o Valladolid e o Celta.

En canto a programas para nenos e mozos en galego, o "Xabarín Club" comezou en 1994.

Dende entón, a radio e a televisión galegas cambiaron moito.

Adaptáronse aos novos tempos e ofrecen moitos tipos de programas.

A primeira vez

Primeira emisora de radio de utilizado por Reginald Fessenden para transmisións de primeira voz e música.

A primeira retransmisión radiofónica que se fixo no mundo foi no ano 1879. Reginald Fessenden transmitiu, desde Massachusetts (Estados Unidos), un audio que incluía a canción "Oh Holy Night", tocada por el mesmo co violín, e unha lectura de pasaxes da Biblia.

Na imaxe podemos ver o transmisor que empregou. A súa emisión foi escoitada nos barcos que navegaban polos mares próximos. Porén, non foi ata 1910 cando comenzaron as primeiras emisións radiofónicas para entretemento e de maneira regular.

Lectura facilitada

A primeira emisión de radio no mundo foi no ano 1879.

Fixéraa Reginald Fessenden, desde Massachusetts, nos Estados Unidos.

Na emisión soou a canción Oh Holy Night.
El mesmo a tocou co violín.
Tamén leu partes da Biblia.

Na imaxe podes ver o aparello que usou para transmitir.

A súa emisión foi escoitada por barcos que estaban preto.

Pero as emisións de radio para entreter non comezaron ata o ano 1910.
Foi entón cando empezaron a facerse de forma regular.

Paramos para reflexionar.

Diario de aprendizaxe

Antes de continuar investigando sobre os medios de comunicación, é o momento de que reflexiones e contestes no teu diario de aprendizaxe ás seguintes cuestións:

  • Que programas de TV ves?
  • Escoitas algún programa de radio?
  • Segues algunha canle de YouTube?
  • Teñen algo en común eses programas ou eses medios que che gustan?

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)