Glosario
Persuadir

-
Definición:
-
Convencer a alguén.
-
Exemplo:
-
Persuadiu os que o acusaban de que era inocente.

Definición:
Convencer a alguén.
Exemplo:
Persuadiu os que o acusaban de que era inocente.

Cando mercamos un xornal ou unha revista estamos pagando un prezo moito máis baixo do que realmente custa producir ese xornal ou revista. Como se financia entón a prensa escrita? Unha poderosa fonte de ingresos para xornais e revistas é a publicidade gráfica.
No mundo da radio, a televisión, as redes sociais ou as canles de vídeo, a publicidade é tamén a principal fonte de ingresos.
A publicidade gráfica é unha forma de comunicación visual que ten un fin moi concreto: o de persuadir ó público para mercar un produto. Para iso emprega tipografías, imaxes e cores que chaman a atención e nos resaltan as vantaxes de determinados produtos.
Ollo con isto! Moitas veces a publicidade emprega estratexias ou transmite mensaxes que non son acordes coa realidade.
Un dos casos máis negativos que pode transmitirnos a publicidade é o emprego de imaxes estereotipadas, que atribúen uns determinados roles de xénero a mulleres e outros a homes. Fai anos era unha práctica moi común. Afortunadamente esta situación está mudando pero aínda queda moito por facer.
A prensa escrita, como xornais e revistas, gaña cartos coa publicidade.
Na radio, televisión, redes sociais e vídeos, a publicidade tamén é a forma principal de gañar diñeiro.
A publicidade gráfica é unha forma de comunicar con imaxes.
Quere convencer á xente para que compre certos produtos.
Para iso, usa imaxes e cores que chaman a atención.
Tamén destaca as cousas boas dos produtos.
Debemos ter coidado coa publicidade.
Ás veces usa trucos ou di cousas que non son de verdade.
Un dos problemas máis grandes da publicidade é cando usa imaxes que separan os papeis de homes e mulleres.
Isto era moi normal hai anos.
Por sorte, está cambiando, pero aínda hai traballo por facer.
Un estereotipo é unha idea que a sociedade en xeral dá por certa, aínda que moitas veces non teña nada que ver coa realidade. Os estereotipos refírense a moitos aspectos da nosa vida, pero na publicidade predominan os estereotipos de xénero.
A idea base de todos os estereotipos de xénero é considerar que as mulleres son amas de casa e que deben facerse cargo do coidado dos nenos e das nenas, das tarefas do fogar e do coidado das persoas maiores, mentres que é o home o que debe saír a traballar e manter a familia. Da mesma maneira, a muller debe estar sempre preocupada pola súa beleza mentres que o home procura ser forte e atrevido.
No mundo da publicidade sempre estiveron moi presentes os estereotipos de xénero. É a nosa obriga contribuír a que esas ideas estereotipadas desaparezan.
Un estereotipo é unha idea que moita xente pensa que é verdade.
Pero moitas veces, esa idea non ten nada que ver coa realidade.
Os estereotipos falan de moitas cousas da nosa vida.
Na publicidade, son máis comúns os estereotipos de xénero.
Estereotipos de Xénero Comúns:
Unha idea moi repetida nos estereotipos de xénero é que: As mulleres son só amas de casa e deben facer todas as tarefas do fogar.
Outro estereotipo de xénero di que: O home debe saír a traballar e manter á familia.
No mundo da publicidade sempre estiveron moi presentes os estereotipos de xénero. Afortunadamente esta situación empeza a mudar. É a nosa obriga contribuír a que esas ideas estereotipadas desaparezan.
Algunhas das máis comúns eran:
Estereotipo: as tarefas do fogar son propias de mulleres.
Estereotipo: o home é o líder, é quen conduce.
Estereotipo: os deportes son para os homes
Estereotipo: só os homes saben de tecnoloxía
Estereotipo: ás mulleres non lles interesan os coches ou as motos.
Estereotipo: a muller ten que estar sempre guapa.
Estereotipo: os nenos xogan con balóns e as nenas con bonecas.
No mundo da publicidade sempre estiveron moi presentes os estereotipos de xénero.
Estes son algúns dos máis comúns:
As tarefas do fogar son propias de mulleres.
O home é o líder, é quen conduce.
Os deportes son para os homes.
Só os homes saben de tecnoloxía.
Ás mulleres non lles interesan os coches ou as motos.
A muller ten que estar sempre guapa.
Os nenos xogan con balóns e as nenas con bonecas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0