Saltar navegación

Verbos en acción

 

Glosario

Previsións

Futuro

Definición:

Anticipacións do que cremos que vai pasar no futuro.

Exemplo:

As previsións do tempo anuncian temporal para mañá.

Verbos: o tempo é importante

A través dos medios de comunicación chégannos novas que xa pasaron, opinións sobre cousas que están pasando agora mesmo ou, incluso, previsións sobre o que vai acontecer no futuro. A mesma palabra que nos serve para explicar a acción que sucede é a que nos vai dicir cando aconteceu. Esa palabra é o verbo, o núcleo do predicado.

O verbo é unha clase de palabra que empregamos para expresar o que acontece, pero ademais do significado propio de cada verbo, danos outro tipo de información importante.

Que palabra é a que fai que cambie o significado nas seguintes oracións?

Unha soa palabra fai que cambie totalmente o sentido da oración. É o verbo, unha palabra que indica cando se realiza a acción.

Lectura facilitada

Que palabra é a que fai que cambie o significado nas seguintes oracións?

Lara comeu un bocadillo.

Lara come un bocadillo.

Lara comerá un bocadillo.

Unha soa palabra fai que cambie osignificado de toda a oración.

Esa palabra é o verbo.

O verbo é unha palabra que indica a acción que se realiza e cando se realiza.

Cheda di Moito ollo!

Os verbos teñen moitas formas

Ata agora vimos como as diferentes clases de palabras podían estar en singular ou en plural, en masculino ou en feminino, é dicir, varían en xénero e número. O verbo non varía en xénero (o can come e a cadela come) pero varía en tempo, número, persoa e modo. Ademais ten diferentes formas para cada tempo.



Lectura facilitada

O verbo non varía en xénero (o can come e a cadela come), pero varía en tempo, número, persoa e modo. 

Os verbos poden estar en tempo presente se as accións que indican ocorren no momento no que se fala.

Os verbos poden estar en tempo pasado se as accións que indican ocorreron antes do momento no que se fala.

Os verbos poden estar en tempo futuro  se as accións que indican ocorrerán despois do momento no que se fala.

Os verbos poden estar en modo indicativo se as accións ás que se refiren son reais.

Poden estar en modo subxuntivo se as accións ás que se refiren son desexos.

Poden estar en modo imperativo se expresan unha orde.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)