Escoita RadioPatio
Hoxe tócanos tratar un problema que está a pasar en Pontevella de Abaixo: os veciños e as veciñas teñen que escoller entre o seu carballo milenario ou un centro sociocultural.
Lectura facilitada
Benvidos e benvidas a RadioPatio, a voz da nosa escola!
Hoxe tócanos tratar un problema que está pasando en Pontevella de abaixo: os veciños e as veciñas teñen que escoller entre o seu carballo milenario ou un centro sociocultural.
Imos entrevistar a un veciño para que nos explique a súa postura.
Temos ao teléfono a Xaquín.
— Bo día Xaquín, cal é a razón pola que os veciños e as veciñas se opoñen á construción do centro cultural no terreo que ocupa o carballo dos mil anos?
— Bo día oíntes de RadioPatio, os veciños e as veciñas opoñémonos á construción do centro nese terreo porque consideramos que temos a obriga de conservar esa árbore que é patrimonio de todo o concello.
— Estarían, entón, decididos e decididas a renunciar a ese centro sociocultural?
— Non, non, o centro sociocultural é unha demanda que a Pontevella de Abaixo vén facendo desde hai moitos anos. Nós propoñemos que se busque outra localización e se sitúe nun espazo que non supoña unha agresión ao noso patrimonio.
— Pois quédanos clara a súa postura. Moitas grazas pola súa atención.
— Grazas a RadioPatio por darnos a oportunidade de que se escoite a nosa voz.
Ata aquí a entrevista de hoxe.
Proximamente entrevistaremos a alcaldesa para coñecer as razóns do concello sobre este problema, así teremos información das dúas partes que están enfrontadas.
Ata a próxima oíntes de RadioPatio.
