Saltar navegación

5.2. Avaliámonos

Chegando ao final

Unha vez feito todo o noso traballo, debemos sempre avaliar como chegamos ao final do camiño. Neste apartado deixámosvos unha rúbrica para avaliar o voso traballo. Realizádea baseándovos no podcast realizado. 

Moita sorte!

Lectura facilitada

Xa fixemos todo o noso traballo.

Agora debemos pensar en como o fixemos.

Aquí tedes unha lista para ver como foi o voso traballo.

Mirade o podcast que fixestes para responder.

Moita sorte!

Rúbrica

Rúbrica para avaliar un podcast
 ExcelenteSatisfactorioMellorableInsuficiente
Lectura do textoA lectura dos textos faise de maneira expresiva e coidando todos os trazos propios da linguaxe oral: ton, ritmo, entoación e énfase. (4)A lectura dos textos faise de maneira expresiva e coidando a maioría dos trazos propios da linguaxe oral: ton, ritmo, entoación e énfase. (3)Na lectura dos textos non se teñen en conta todos os trazos propios da linguaxe oral: ton, ritmo, entoación e énfase. (2)Na lectura dos textos non se ten en conta ningún dos trazos propios da linguaxe oral: ton, ritmo, entoación e énfase. (1)
ContidosDescriben as dúas celebracións vividas no centro en profundidade fixándose nos detalles importantes e preguntando a persoas relevantes. (4)Describen unha das celebracións vividas no centro en profundidade fixándose nos detalles importantes e preguntando a persoas relevantes. (3)Describen as celebracións vividas no centro pero sen fixarse nos detalles importantes. Preguntouse a persoas que achegan pouca información. (2)Non describen as celebracións vividas no centro. A información que nos ofrecen non é importante. Preguntouse a persoas que non nos achegaron información. (1)
Calidade das gravaciónsAs gravacións de audio son correctas. Mestúrase voz e base musical correctamente e aplícanse efectos que facilitan a comprensión. (4)As gravacións de audio son correctas. A mestura de voz e base musical é correcta pero non se empregan efectos ou estes non contribúen a mellorar a comprensión. (3)Algunhas gravacións de audio teñen erros de montaxe. Non se empregan efectos e a mestura de voz e música non está ben realizada. (2)As gravacións de audio teñen moitos erros e non se empregan efectos nin música de fondo. (1)
Cabeceira do programaA cabeceira está perfectamente integrada, ten música e efectos de fondo. Identifícase correctamente o nome do grupo. (4)A cabeceira está perfectamente integrada, ten música e efectos de fondo. Non se identifica correctamente o nome do grupo. (3)A cabeceira non está ben integrada, ten música e efectos de fondo. Non se identifica correctamente o nome do grupo. (2)Falta a cabeceira do programa. (1)
PresentaciónAs catro persoas do grupo presentan a súa parte de maneira clara e correcta. (4)Tres persoas do grupo presentan a súa parte de maneira correcta e clara. (3)Só dúas persoas do grupo presentan a súa parte de maneira clara e correcta. (2)Só unha ou ningunha persoa do grupo fai unha presentación clara e correcta da parte que lles tocou. (1)

Elaboración propia - Proxecto cREAgal. Rúbrica para avaliar un podcast (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova ventá

Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Parabéns! Rematache a fase 5. É hora de achegarte ao teu diario de aprendizaxe.

No diario verás unha serie de preguntas. Algunhas para facer de xeito individual e outras en grupo.

Ánimo!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)