Glosario
Optimismo
-
Definición:
-
Capacidade que ten un persoa de valorar as cousas positivas e non darlle importancia ás negativas.
-
Exemplo:
-
Antía é moi optimista, sempre ve o lado positivo das cousas.
Definición:
Capacidade que ten un persoa de valorar as cousas positivas e non darlle importancia ás negativas.
Exemplo:
Antía é moi optimista, sempre ve o lado positivo das cousas.
Ao longo deste recurso aprendiches moitas cousas sobre os medios de comunicación. Achegámonos un pouco ao seu funcionamento e traballamos coa súa ferramenta principal: a palabra.
As palabras son o elemento básico co que se realiza a comunicación e todos os traballadores e todas as traballadoras da prensa, da radio, da TV ou das redes sociais deben esforzarse ao máximo para empregar correctamente a linguaxe xa que, de non facelo, non van ser capaces de transmitir información.
O noso reto, como xa dixemos, vai estar relacionado co mundo da radio. En todo proceso de comunicación son moi importantes as palabras, pero sen dúbida na radio temos que empregalas moi ben porque non podemos servirnos dunha foto ou dun vídeo que apoie o que queremos dicir.
Ata agora estivemos vendo como mellorar a nosa maneira de empregar a linguaxe baseándonos sempre nun texto escrito que nos sirva de guión. Agora estás preparado ou preparada para gravar o teu programa de radio! Imos aló!
Aprendiches moitas cousas sobre os medios de comunicación.
As palabras son o elemento básico co que se realiza a comunicación.
Todos os traballadores e todas as traballadoras da prensa, da radio, da TV ou das redes sociais
deben esforzarse ao máximo para empregar correctamente a linguaxe.
O noso reto vai estar relacionado co mundo da radio.
Ata agora estivemos vendo como mellorar a nosa maneira de empregar a linguaxe
baseándonos sempre nun texto escrito que nos sirva de guión.
Agora estás preparado ou preparada para gravar o teu programa de radio!
Imos aló!!
Ser capaces de transmitir só con palabras os feitos que ocorreron no noso colexio ao longo de todo o ano vai supoñer un reto importante pero... seguro que es capaz de acadalo!
Le toda a información que che proporcionamos. Segue sempre as instrucións que che propoñemos na orde que che dicimos. Desta maneira poderemos dividir a tarefa en diferentes fases que nos van facer máis doado o traballo. Ti podes!
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0