Escoita RadioPatio

O seguinte podcast gravouse a partir dun guión que seguiu unhas determinadas fases. Escóitao con atención antes de continuar.

O seguinte podcast gravouse a partir dun guión que seguiu unhas determinadas fases. Escóitao con atención antes de continuar.
Antes de iniciar a gravación dun podcast debemos ter un guión que conteña os textos que logo lerá o locutor ou a locutora. Ese guión debe estar correctamente escrito seguindo uns determinados pasos de maneira que a súa lectura nos resulte fácil e que pareza que non estamos lendo.
Por suposto que temos que coidar a ortografía e a redacción empregando as palabras de maneira coidadosa.
Que partes debe ter sempre un podcast?

Iniciamos o noso podcast:

É a parte onde imos desenvolver o tema que queremos tratar. Se se trata dun conto, sería aquí onde o relataríamos.
Neste punto vai aparecer a primeira grande dúbida: canto debe durar o noso podcast? Como norma xeral a duración total máxima deberá estar entre os catro e os dez minutos. Teno en conta pensando que o tempo do que dispós para a parte central debe ser arredor do 80% do total.

Rematado o noso podcast, despedímonos e convidamos ás persoas que escoitaron a que sigan pendentes dos nosos audios.
É importante ter unha fórmula que se repita en todos os podcasts da serie.
Antes de gravar un podcast, necesitamos un guión.
Nese guión estarán os textos para o locutor.
Temos que coidar a ortografía.
Tamén debemos coidar a redacción.
Que partes debe ter sempre un podcast?
Primeiro, a introdución.
Nela, iniciamos o noso podcast.
Damos a benvida á xente que nos escoita.
Despois, a parte central.
Aquí falamos do tema que queremos.
Se é un conto, aquí é onde o contamos.
Por último, a despedida.
Cando remata o podcast, despedímonos.
Invitamos á xente a seguir escoitando os nosos audios.
Despois de ver a guía de como elaborar un podcast imos analizar algúns dos podcasts de exemplo do apartado anterior.
Escolle un e emprega a lista de cotexo que está a continuación para facer a túa análise.
Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0