Saltar navegación

Xogamos a unir palabras

 

Glosario

Nexo de unión

Unir

Definición:

Palabras que non teñen significado por si mesmas pero que serven para unir outras.

Exemplo:

Na oración "Tomaron galletas e leite" a palabra "e"  funciona como nexo.

Fíxate

Pictograma do adverbio de afirmación si e amosa a cara dunha nena con dúas frechas: unha enriba da cabeza apuntando arriba e outra debaixo, apuntando cara abaixo.Pictograma de durante, que amosa tres reloxos e unha frecha por enriba

Que quere dicir que algo non varía? Todas as palabras teñen xénero e número? Que palabras non varían nas seguintes oracións?

O irmán de Lois comerá unha mazá e unha laranxa mañá.

As irmás de Lucía comerán unhas mazás e unhas laranxas mañá.

Só hai tres palabras que permanecen invariables: “mañá”, “e” e “de”. “Mañá” é un adverbio, “e” é unha conxunción e “de” é unha preposición. Nos medios de comunicación son precisas as palabras que nos acheguen información sobre o que estamos dicindo eu outras máis pequenas que nos permitan unir palabras ou oracións.

Lectura facilitada

Que quere dicir que algo non varía?

Que palabras non varían nas seguintes oracións?

  • O irmán de Lois comerá unha mazá e unha laranxa mañá.
  • As irmás de Lucía comerán unhas mazás e unhas laranxas mañá.

Só hai tres palabras que permanecen invariables: “mañá”, “e” e “de”.

“Mañá” é un adverbio, “e” é unha conxunción e “de” é unha preposición. 

Adverbios: falamos de tempo, cantidade...

Os adverbios son clases de palabras invariables que nos ofrecen unha información que xeralmente completa a que nos ofrece o verbo. Poden ser de moitos tipos: tempo, modo, cantidade, negación, lugar…

Nalgúns casos fórmanse a partir dun adxectivo ao que se lle engade a terminación mente:

  • Rápido: rapidamente
  • Claro: claramente

Clasificación dos adverbios

Clasificación dos adverbios

Lectura facilitada

Os adverbios son clases de palabras invariables que nos ofrecen unha información que xeralmente completa a que nos ofrece o verbo.

Poden ser de moitos tipos: tempo, modo, cantidade, negación, lugar…

Nalgúns casos fórmanse a partir dun adxectivo ao que se lle engade a terminación mente:

  • Rápido: rapidamente
  • Claro: claramente

Adverbios de lugar: aquí, alí, cerca, lonxe...

Adverbios de tempo: hoxe, mañá, tarde, cedo...

Adverbios de modo: así, ben, mal, rapidamente...

Adverbios de cantidade: moito, pouco, bastante...

Adverbios de afirmación: si, tamén, abofé...

Adverbios de negación: non, tampouco...

Lumen di Alí ou aló??





Encadeamos palabras

As preposicións e as conxuncións son palabras que empregaremos nos nosos guións e que nos van servir de nexo de unión entre diferentes palabras:

Exemplo → Carla e Xoana fan o traballo para a escola:

  • e: é unha conxunción (non leva acento) e serve para unir os nomes das dúas rapazas.
  • para: é unha preposición e neste caso pon en relación dous substantivos, traballo e escola.

Na lingua falada empregamos ambas as clases de palabras de maneira habitual e nos nosos podcasts imos precisar delas. É conveniente que saibamos localizalas nun texto e empregalas correctamente.

Lectura facilitada

As preposicións e as conxuncións son palabras fan de unión entre diferentes palabras:

Exemplo: Carla e Xoana fan o traballo para a escola: 

e: é unha conxunción (non leva acento) e serve para unir os nomes das dúas rapazas.
para: é unha preposición e neste caso pon en relación dous substantivos, traballo e escola.

As máis habituais

Contraccións

As preposicións acostuman a unirse ao determinante que vai a continuación, formando así o que chamamos contraccións. Estas son as máis habituais:

Esquema das contraccións de preposicións e artigos derterminados

Esquema das contraccións das preposicións con artigos indeterminados

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)