Saltar navegación

3.3. Escollemos as palabras do guión

 

Glosario

Núcleo

núcleo

Definición:

Parte central de algo.

Exemplo:

O núcleo da Terra é a súa parte central.

Escoita RadioPatio

Nenos nun estudo de radio

Cando facemos o guión dun programa de radio ou dun podcast temos que escoller ben as palabras que imos empregar. Lembra que as persoas que nos escoitan non nos están vendo e que, polo tanto, non poderemos empregar xestos nin imaxes para transmitir as nosas mensaxes. Temos que pintar con palabras.

Transcrición

Ola oíntes de RadioPatio, aquí estamos de novo para tratar de axudarvos a escribir o guión do voso podcast.

Cando facemos o guión dun programa de radio ou dun podcast temos que escoller ben as palabras que imos empregar.

Lembra que as persoas que nos escoitan non nos están vendo e que, polo tanto, non poderemos empregar xestos nin imaxes para transmitir as nosas mensaxes.

Temos que pintar con palabras.

E de todas esas palabras, cal é a que nos fala de accións e nos informa de cando sucederon as cousas? O verbo, sen dúbida.

O verbo é tan importante que din os mestres e as mestras que é o núcleo do predicado. Moito lles gusta darnos a lata con termos raros!!!

Xa vimos noutro apartado deste REA como nos guións da radio ou dos podcasts debemos empregar normalmente verbos en tempo presente.

Agás, loxicamente, cando falamos de cousas que xa aconteceron no pasado.

Neste caso, nos tempos en pasado, temos que ter especial coidado con non cometer un erro que, cando o escoitamos, parece que nos fai doer os ouvidos: os tempos compostos.

En galego non existen!!! Non podemos dicir había chovido*, dicimos chovera, nin ha xantado* senón xantou. Non vos fixo dano nos ouvidos escoitar estas cousas raras? A min déronme arrepíos.

Lembrade! En galego non hai tempos compostos.

Ata a a próxima oíntes de RadioPatio.

Despois de escoitar o texto elixe a resposta correcta.

Pregunta

O verbo é unha palabra moi importante, por iso dicimos que:

Respostas

É unha parte dos substantivos.

É o núcleo do predicado.

Está sempre en xénero masculino.

Retroalimentación

Pregunta

Se usamos tempos verbais compostos en galego...

Respostas

Daremos a impresión de que somos persoas moi cultas.

Cometeremos un erro ben grande.

Retroalimentación

Pregunta

Xeralmente nun guión dun podcast.

Respostas

Empregaremos verbos en infinitivo

Empregaremos verbos en tempo futuro.

Empregaremos, habitualmente, verbos en presente.

Retroalimentación

Pregunta

Que quere dicir a locutora de RadioPatio cando fala de "Pintar con palabras"?

Respostas

Que imos debuxar con rotuladores as palabras do guión.

Que é a única ferramenta que temos para transmitir as nosas mensaxes.

Que imos pintar o estudo de radio.

Retroalimentación

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)