Organiza os contidos
É moi importante ter organizado o que imos aprendendo e para iso é moi útil empregar esquemas ou mapas mentais. Organiza o que aprendiches coa actividade que prefiras.
É moi importante ter organizado o que imos aprendendo e para iso é moi útil empregar esquemas ou mapas mentais. Organiza o que aprendiches coa actividade que prefiras.
Elabora un mapa mental coa clasificación dos adverbios incluíndo exemplos dos máis habituais.
Busca na Rede algunha clasificación dos adverbios galegos máis empregados.
Le o texto e completa as palabras que faltan.
Os @@adverbios@@ son unha clase de palabras que se caracterizan porque son @@invariables@@. Iso quere dicir que empregamos a mesma forma para o @@singular@@ que para o plural e para o masculino ou @@feminino@@.
A súa @@función@@ é achegarnos información fundamentalmente sobre o @@verbo@@. Así por exemplo na @@oración@@ “Onte choveu moito” os dous adverbios achégannos @@información@@ sobre o verbo. Dinnos cando e canto choveu.
Noutros casos amplían a información dun @@adxectivo@@: "O can é moi bonito". Neste caso o adverbio moi dinos canto de bonito é o can.
Agora proba a buscar e clasificar os adverbios segundo o seu tipo. Trátase de pór en práctica o que viches no apartado anterior.
"Escoitabamos onte, no noso programa de radio favorito, que non ía ser posible mercar máis videoxogos con contido violento. A noticia tampouco nos sorprendeu porque despois dos últimos acontecementos, xa imaxinabamos que máis pronto que tarde os ían prohibir.
A exposición dos nenos e das nenas a contidos que non son axeitados é un feito preocupante polas negativas consecuencias que pode ter de cara ao seu desenvolvemento emocional.
A noticia difundiuse rapidamente por entre o alumnado do colexio, independentemente de que estivera cerca ou lonxe da radio que a emitiu, e hoxe era a conversación de todos e todas. Xa fóra da aula seguíase falando do mal que lles parecera a algúns e algunhas."
Comproba agora o que acabas de aprender sobre as preposicións e as conxuncións. Elixe a opción que prefiras e ponte a proba.
Imaxina que es un locutor ou unha locutora de radio e que queres facer un podcast. Pensa no tema sobre o que che gustaría facelo. Ponlle un título e escribe a presentación coa que o iniciarías. Emprega polo menos catro preposicións e catro conxuncións. Ademais, debes incluír catro contraccións.
Consulta a escala de valoración do texto premendo sobre a imaxe.
Podes descargalo en ODT desde aquí.
No seguinte texto faltan as preposicións e as conxuncións. Serás capaz de colocalas?
Din que son moi novo para meterme nas redes. Que me queda moita escola por diante. Menos mal que me dixo a profe Lorena que para ser youtuber conviña adestrarse. Por iso abrín este documento; para ir contando as cousas que recordo. Cantas máis prácticas faga, mellor me sairá. Teño sorte de que Lorena me vaia mirando os puntos, os bes, os haches e outros detalles en que non caio. A miña profe dáse conta dos fallos máis insignificantes. Na pantalla do ordenador é moi fácil corrixir.
Vivo nunha casa de doce pisos. Arribiña de todo! Cando chove, sinto o ruído das pingas. Por un lado vese o mar. As ondas divírtense facendo carreiras de cabalos. As nubes prefiren as mensaxes de fume. A min paréceme que as nubes e as ondas xogan aos adeuses. Sempre van de escapada.
Polo outro lado vense as serras de lonxe. No inverno poñen sombreiro de azucre. Máis cerca están os campos traballados. Hai casas brancas solitarias que enredan ás escondidas por entre as árbores. O vento que move as ramas sempre as descobre.
Babarro, X., & Beloso, L. (2020). Teño oito anos e quero ser youtuber (1.). Vigo: Editorial Galaxia, S.A.
Podes descargala en PDF premendo nesta ligazón ou en ODT desde aquí
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0