
Benvidos e benvidas ao debate sobre a radio!
Con esta segunda actividade terás a oportunidade de defender a posición de Marconi ou Tesla na túa clase.
Dividiremos a clase en dous grupos no que un defenderá a posición de Marconi e outro defenderá a posición de Tesla.
Imos incluír o rol de persoa presentadora, que será a responsable de moderar o debate e asegurarse de quen expoña manteña un ton axeitado durante as súas intervencións. Tamén que controlará que non se excedan no tempo nin fagan intervencións agresivas.
Unha vez repartidos os roles, poñédevos fronte a clase co moderador no medio e comentade as vosas posturas. Non esquezades intervir con respecto e educación. Consiste en aprender a expoñer, non consiste en gañar!
Recorda empregar a táboa na que apuntaches anteriormente como apoio e le con atención as indicacións para facer unha boa exposición e as cualidades que debe poñer en práctica un bo moderador ou moderadora de debates.