Palabras simples e compostas

A lingua é un sistema vivo que está en constante evolución. Como consecuencia disto os e as falantes ideamos recursos lingüísticos que nos permiten adaptar a lingua ás esixencias do momento.
Imaxina que acabas de inventar un aparello que pode cociñar e sintonizar unha emisora de radio ó mesmo tempo. Poderíamos chamalo “radiocociña”, un termo que xorde da unión das palabras “radio” e “cociña”. Falamos entón dunha palabra composta, que é a unión de dúas palabras que, unha vez xuntas, teñen un significado diferente.
As palabras compostas están formadas por dúas simples que completan os seus significados. Estás palabras simples poden pertencer a diferentes categorías gramaticais.
Fíxate na seguinte lista:
Seguidamente verás varios exemplos de palabras compostas:
Afialapis

Está formada por dúas palabras simples: afiar e lapis.
Exemplo: Teño que afiar o meu lapis, pásame o teu afialapis
Bocaaberta

Está formada por dúas palabras simples: boca e aberta.
Exemplo: Quedou mirando para min como un bocaaberta.
Agridoce
Está formada por dúas palabras simples: agre e doce.
Exemplo: Isto ten un sabor agridoce.
Lectura facilitada
A lingua é un sistema vivo que está en constante evolución.
Imaxina que acabas de inventar un aparello que é capaz de cociñar e sintonizar unha emisora de radio ó mesmo tempo.
Poderíamos chamalo “radiocociña”, un termo que xorde da unión das palabras “radio” e “cociña”.
Falamos entón dunha palabra composta, que é a unión de dúas palabras que, unha vez xuntas, teñen un significado diferente.
As palabras compostas están formadas por dúas simples.
1º.- Verbo+substantivo:
Paracaídas, quebracabezas, lavalouza.
2º.- Substantivo+substantivo
Baloncesto, mapamundi.
3º.- Substantivo+adxectivo
Camposanto, augamariña.
