Saltar navegación

Virus

 O primeiro grupo de organismos microscópicos son os virus, e tan microscópicos son que non se poden ver con microscopios ópticos.


(aínda que se enchufen, os microscopios do instituto son ópticos, no laboratorio veremos por que).

 

Como seres vivos son un desastre: non están formados por células e non poden vivir sen introducirse noutro ser vivo,polo tanto son parasitos. Todos coñecedes aos virus polas enfermidades que causan pero, seguro que causan todas as enfermidades que ti cres? Xoguemos a Virus ou non virus Virus non viruspinchando na imaxe. (pincha no enlace para xogar na casa)

  Que tal foi? Pois ten isto en conta cando decidas tomar un medicamento sen consultar ao médico.Os virus non se curan con antibióticos!

Profundamos no aprendido

 Que virus causa o cólera?

Como cursa esta enfermidade?

Afecta por igual a todo o planeta?