Moneras. As bacterias
Moito máis grandes cós virus pero aínda invisibles ao ollo humano. Estes organismos si que están formados por células, por células
procariotas para ser exactos. Son o único grupo de organismos formados por células procariotas.
De forma inxusta as bacterias son coñecidas como causantes de enfermidades. É certo que poden provocar moitos problemas de saúde pero tamén que son absolutamente imprescindibles. As bacterias reciclan os nutrientes, son imprescindibles para producir moitos alimentos e colaboran na dixestión. Leamos un pouco sobre esta última cuestión, concretamente sobre os transplantes de feces:
“ Cambiar á xente a flora intestinal está resultando ser unha estratexia mellor para o tratamento de enfermidades que cambiarlle a dieta. Como membro dunha cultura que considera algo maligno as bacterias, pode que lles resulte incómodo que alguén se interne nun hospital para que lle implanten as bacterias de colon doutra persoa. Para o doente que pronto entrevistarei, un home invadido pola bacteria Clostridium difficile, é algo benvido.”Glup. Aventuras en el canal alimentario. Mary Roach.
Le atentamente o texto e contesta ás seguintes cuestións:
- Imaxina que tes que escribir un artigo de prensa sobre o texto. Cal sería o teu titular?Que é a flora intestinal?
- Despois dun tratamento con antibióticos algunhas persoas sofren modificacións da flora intestinal que provocan diarreas continuas. É o caso da infección por Clostridium difficile. Busca información sobre a infección que provoca e o seu tratamento.
- Tendo en conta o seu nome científico, cres que é fácil tratar a infección con Clostridium difficile. Hai outra bacteria do mesmo xénero que mata todos os anos a varias persoas en Galicia por consumir conservas en mal estado, que bacteria é?
- Busca dez aplicacións (usos) industriais das bacterias.ndes cós virus pero aínda invisibles ao ollo humano. Estes organismos si que están formados por células, por células procariotas para
Para rematar, imos ao laboratorio a ver bacterias
Le o procedemento e observa bacterias de iogur.
Despois podes probar a deseñar o teu procedemento para ver as bacterias do vinagre.
Observación bacterias de iogur
Bacterias