Peixes
Son animais acuáticos e presentan múltiples adaptacións para a vida na auga. 
Os peixes son animais poiquilotermos xa que son incapaces de controlar a súa temperatura corporal. Por este motivo a temperatura é un factor fundamental na distribución destes organismos. Nos últimos anos en Galicia estamos observando a presenza de peixes de augas máis cálidas que demostran que se está producindo un quentamento das nosas augas.
Outro factor fundamental que define o biotopo dos peixes é a salinidade. A maioría dos peixes son específicos de auga doce ou salgada, aínda que uns poucos, como o salmón, poden facelo en ambas.
Todo nos peixes está adaptado á vida na auga:
- A forma do animal,
- A respiración branquial,
- As escamas que recobren o corpo, os apéndices en forma de aletas...

Pero probablemente a adaptación máis curiosa é a vexiga natatoria, unha bolsa interna que a maioría dos peixes poden encher e baleirar de aire e que lles permite flotar á profundidade que queiran. Podes explicar entón que fai a quenlla da dereita apoiada sobre o fondo?
Investigamos
As quenllas non teñen vexiga natatoria.
Como consiguen manter a profundidade?
Os peixes divídense en dous grandes grupos:

Xoguemos un pouco
Xoguemos un pouco. Cantos peixes coñeces? Pincha sobre a imaxe e ponte a proba. (enlace para xogar na casa)
Nestas páxinas podes atopar información para aprender máis: