Aves
As aves e os mamíferos son capaces de controlar a súa temperatura corporal, son homeotermos, pero non sen ter que pagar un gran prezo, xa que manter a temperatura moitos graos por riba do medio esixe moita enerxía. Ese é o motivo polo que os paxariños andan revolucionados polas mañás, intentan repoñer forzas despois dunha noite tremendo. As plumas son grandes aliados das aves á hora de manter a temperatura.
Investigamos
- Cal foi o primeiro animal con plumas?
- Para que empregaba as plumas?
- Que é a álula e para que serve?
- Por que trememos cando temos frío?
Moi relacionadas con réptiles, dos que descenden evolutivamente, as aves comparten algunhas características con eles como a respiración pulmonar ou o ovo amniótico. Pero tamén presentan moitas diferenzas xa que, por exemplo, os pulmóns das aves son moito máis eficientes incluso cós dos mamíferos, as aves non teñen dentes...
A presenza de plumas, o baixo peso dos seus ósos e unha magnífica vista fan das aves unha máquina magnífica para o voo.
Emprega a clave dicotómica enlazada na imaxe para poñer nome ás seguintes aves costeiras.