O medio mariño
A auga marca o carácter e as vidas dos galegos. O país dos mil ríos posúe unha costa rica en recursos pero tamén salvaxe e as veces violenta. Viaxemos ao interior desas costas e dos seus habitantes para intentar coñecernos mellos a nós mesmos.
Empezaremos estudando os organismos que viven nela para despois analizar os motivos polos que nos resulta aínda tan misteriosa, os problemas que sofre e os científicos que axudaron a coñecela mellor.
O mar estúdase mediante un método, o científico, que ten as súas regras. Imos practicalas realizando o noso propio proxecto de investigación. Tes moitas proposta para elixir.
Para os aficcionados á lectura preséntase propostas lectoras
Por se alguén queda con ganas de máis, tamén se presentan novos retos científicos.
Para rematar demostraremos o aprendido fabricando unha aplicación para android co traballo.
Empecemos a viaxe.