Platelmintos
Supoño que vendo a imaxe non resulta raro que estes organismos reciban o nome de vermes planos ou planarias. Nos mares galegos hai
varias especies de platelmintos que viven libres sobre o fondo, pero probablemente os vermes planos máis famosos son os parasitos como a tenia. (busca información sobre as tenias para coñecer algo máis sobre este parasito humano)
Mira ben a foto do platelminto, poderías dicir onde ten a cabeza? E as esponxas ou os celentéreos, onde teñen a cabeza?
Pensamos a Ciencia
Seguimos comparando as imaxes pero agora mirando a simetría.
Cantos eixes de simetría teñen as planarias? E as esponxas? E os celentéreos? 
A simetría dos vermes planos, a bilateral, vaise repetir en moitos grupos animais mentres a radial, que é a de esponxas e celentéreos volveremos a vela nos equinodermos.
A maioría dos platelmintos son hermafroditas cando realizan a reprodución sexual podendo tamén reproducirse asexualmente.
Destaca a enorme capacidade de rexeneración destes organismos. Se rompemos o animal da imaxe en varios anacos cada un deles dará
lugar a un novo organismo. Imaxinades que nós puidesemos facer algo parecido?
Xa vimos como os nomes científicos deben gardar relación co aspecto ou a historia dos organismos que nomean. Emprega a lóxica, e un
pouco de coñecemento de linguas clásicas para emparellar cada organismo co seu nome. Tede en conta que tres deles, os máis parecidos, pertencen ao mesmo xénero mentres que un debe ser moi diferente e, polo nome, tamén moi espléndido. (preme na imaxe para xogar)