Saltar navegación

Descrición do soporte e ferramentas

O traballo preséntase en formato SCORM que pode ser importado ao aula virtual do centro polo que permite traballar sen tabletas nin conexión wifi. Para empregar este formato só teremos que descargar o paquete SCORM no noso ordenador, abrir o noso curso na aula virtual e importar o arquivo no noso curso.

Tamén se presenta como aplicación dispoñible no Playstore. (O océano a última fronteira da Ciencia)Ambas presentacións son completamente independentes e non están deseñadas para que se podan empregar conxuntamente polo que deberemos elixir entre un formato ou outro.

  • Kahoot.

Aplicación que permite realizar xogos en clase empregando dispositivos móbiles. Empregar kahoot é moi fácil pero precisa dunha pantalla que podan ver todos os alumnos e un dispositivo móbil por participante.

Ao longo da proposta hai varias actividades deste tipo que se realizarán da seguinte forma:

O profesor abrirá na pantalla o enlace que se incorpora no PDF como enlace para xogar na casa. Por exemplo, pinchando no enlace aparece a seguinte pantalla (enlace)

Kahoot


En primeiro lugar eliximos as opcións inferiores e posteriormente pinchamos sobre o xogo individual ou en equipos. Unha vez completada esta pantalla a aplicación proporciónanos un número PIN que os alumnos deberán introducir nos seus dispositivos.

Para xogar os alumnos deben ir á páxina https://kahoot.it e introducir o PIN e un nome de usuario.

Xa estamos listos para empezar. En todo momento o profesor controla o xogo e os resultados que aparecen en pantalla despois de cada rolda.

Máis información sobre kahoot:

    • Introdución a kahoot (enlace)
    • Complicando o uso de kahoot (enlace)

 

  • Audioguías.

Son arquivos de audio en formato MP3. Recoméndase abrilos co ES Media player xa que permite escoitar e ler ao mesmo tempo.