O medio litoral
Fentos
Tamén con reprodución alternante como os musgos, os fentos si que posúen tecidos condutores que lles permiten acadar grandes tamaños. Na imaxe da esquerda podes ver fentos arborescentes xunto con outros moito máis pequenos.
Os fentos arborescentes foron moito máis frecuentes no Carbonífero, hai uns trescentos millóns de anos, nunha época na que os dinosauros aínda non dominaban o planeta. Nas minas de carbón é frecuente atopar grandes troncos pertencentes a estes colosos do pasado.