Invertebrados
Audioguía Invertebrados
Lemos o mar
"Flotar é a cousa máis sensata que se pode facer nun mundo tridimensional, e ter o noventa e cinco por cento
de auga e ser xelatinoso é a mellor forma de flotar. Tamén é a mellor maneira de sacar proveito á ausencia de luz ou gravidade. Nas augas situadas baixo as ondas e que se moven lentamente, non se necesita unha columna vertebral nin sequera unha cuncha. Pódense tender grandes e elegantes redes para recoller partículas de comida, redes formadas por xelatina e mucus pegañentos.” A exploración do mar. R. Kunzig.
Le o texto atentamente.
2. Busca e incorpora ao teu glosario as palabras que non entendas.
3. De que tipo de organismos fala o texto?
4. Un destes animais xelatinosos é un asiduo das nosas costas, a carabela portuguesa. Búscao e debúxao no teu caderno. Saberías dicir como caza as súas presas?
Que vos parecería se clasificásemos a todos os habitantes do planeta en dous grupos: laxenses e non laxenses. Pois algo parecidos estamos facendo nós cos animais clasificándoos en vertebrados e invertebrados. Os animais invertebrados son máis numerosos e diversos cós vertebrados. Atopa na seguinte sopa de letras o nome de dez grupos de invertebrados. (tamén podes facer a actividade en rede)