Saltar navegación

Mundo microscópico

Audioguía Mundo Microscópico

Lemos o mar

“Como é ben sabido, a auga é o espazo vital favorito dos organismos unicelulares. Estanques e pantanos, charcos e barricas de auga de choiva e regadeiras: todos eles albergan multitude de estrañas formas de vida

Stentor
Protist image database,. Stentor (Dominio público)


que, sen microscopio, escapan facilmente á nosa observación. Unhas parecen o casco dun ciclista con patas, outras un floreiro peludo; algunhas teñen forma de salchicha de aperitivo con dous rabiños enroscados; outras , de discos voadores de xoguete enrugados.

Neste mundo de “aliens acuáticos” hai innumerables organismos unicelulares, pero tamén outros seres de tamaño microscópico que recordan un pouco aos Pokémons. Aínda que non se chamen Pikachu, Vulpix, Giflor ou Entoron, os biólogos puxéronlles nomes tan curiosos como nematodos, rotíferos, gastrotricos e copépodos. Entre eles andan tamén outros seres en forma de caixa, de cigarro ou de faba. Estas “mininaves espaciais” son algas diatomeas, uns organismos que poden moverse polos seus propios medios. Si algunha vez te mergullas nesta galaxia acuosa esquecerás en seguida os Pokémons...” Expedición microscopio. Gerald Bosch

Le atentamente o texto e contesta ás seguintes cuestións:

1.   Resume o texto nun máximo de tres liñas.

2.   Busca en internet información sobre os organismos que comenta o autor: diatomeas, nematodos, rotíferos, gastrotricos e copépodos. A que reinos pertencen?

  Probablemente non resulta moi científico reunir nun grupo a todos os organismos demasiado pequenos para o ollo humano pero de cando en vez hai que saltar as regras. (O seguinte enlace, aquí,  pode darvos unha idea do grande ou pequenos que son os organismos que estudaremos)