Saltar navegación

Anxiospemas

Cereza  É un grupo caracterizado porque a flor protexe á semente dando lugar ao froito.

Aínda que nos océanos o número de anxiospermas é moi reducido non sucede igual nas nosas costas onde existen moitas plantas únicas ou características como a herba namoradeira ou a camariña.Fanerógamas

 O primeiro que precisamos para diferenciar entre as anxiospermas, e entre as ximnospermas, é coñecer ben a estrutura básica da flor xa que esta soe servir para diferenciar unhas plantas doutras. 

Agora ben, só coa flor pouco podemos facer. Normalmente para determinar unha planta, é dicir, para saber que planta temos diante, necesitamos: a flor, o froito, un detalle da codia no caso das árbores, detalle das follas e da forma na que están colocadas no talo. (no seguinte enlace tes unha clave dicotómica que parte dos tipos de follas)

 

Laboratorio

Vaiamos ao laboratorio.

Espera, mellor pasa antes polo patio e colle un par de flores diferentes.

Pincha aquí para ver o protocolo da práctica.

Safari fotográfico

Chega o momento de practicar o aprendido facendo un safari fotográfico.

Material necesario:

  •   Unha cámara fotográfica. Vale a do móbil, por suposto.
  •   Zapato cómodo, auga, algo de comer, crema de protección solar e gorro.

Procedemento:

  • Fase 1: Caza de especies vexetais.

Cada grupo, ou participante, deberá localizar (podedes facelo coas coordenadas do móbil na foto ou co nome do lugar) e fotografar os seguintes vexetais (tede en conta que pode que algunha das plantas non estea presente na vosa comarca ou que non estea en floración, así que consultade co profesor antes de empezar.)

  • Fase 2: Posta en común.

Cada grupo realizará unha presentación na que incluirá a imaxe e a localización.

  • Fase 3: Unha vez completado o safari chega o momento de intentar sacar conclusións sobre a ecoloxía das especies que atopamos. Algunha das especies aparece fundamentalmente nas cunetas das estradas? Algunha está sempre cerca da auga? E lonxe? ...

Vexetais do safari

Aquí tedes todos os vexetais do safari