O medio litoral
Biodiversidade mariña
Observa a imaxe da dereita. Cantos organismos distintos recoñeces?
Cantos seres vivos diferentes habitan os nosos mares? Teñen nome? Quen lles pon o nome? Como sobreviven? Que problemas enfrontan?
Todos os anos a investigación dos océanos proporciona sorpresas en forma de novos organismos ou de novos usos para estes. Si queremos aproveitarnos deles o primeiro é asegurarnos de coñecer os seus habitantes e a forma na que se relacionan entre eles.
Que sabes do mar?