Saltar navegación

Os científicos do mar

Nautilus
Dominio público


    " Son o capitán Nemo e o navío que os alberga é o Nautilus.Profesor Aronnax, se ten a bondade de seguirme"
As viaxes fantásticas de Jules Verne.

    Como o capitán Nemo, o personaxe de Jules Verne, ao longo da historia moitos científicos sufriron os rigores do mar para intentar comprendelo.

    Neste apartado imos aprender un pouco máis dalgún dos grandes oceanógrafos, os investigadores dos mares.  Pincha sobre un dos científicos e completa a labor de investigación que vos propoñemos.

Elixe o teu científico.

    Elixe un dos científicos e comenta a decisión co profesor antes de empezar a traballar.

    Lembra que terás que incluír este traballo na túa aplicación así que non esquezas gardalo en PDF.