Saltar navegación

Equinodermos

    Os equinodermos son animais exclusivamente mariños. Por fin un grupo de animais que elixe ben a súa casa!estrela

   

    É un grupo de animais moi peculiar empezando pola súa simetría.

   

    Que tipo de simetría teñen os artrópodos? E os equinodermos?

Xogamos coas simetrías

Debúxao igual e simétrico (enlace)

    Outra característica moi especial deste grupo é o aparato acuífero. Trátase  dun conxunto de canles internas polas que circula auga doestrela mar e que funcionan a modo de aparato circulatorio, respiratorio ou incluso como locomotor. Na imaxe da dereita podes ver os pés ambulacrais, proxeccións do aparato acuífero, que a estrela emprega para desprazarse, respirar e eliminar refugallos, todo nun.

    E seguimos coas rarezas. Os equinodermos non teñen cabeza a pesar de que algúns deles son grandes depredadores. Son capaces de detectar cambios na luz, na composición do medio... e desa forma atopar as súas presas.

Profundamos

Como se alimentan as estrelas de mar?

No seguinte vídeo podes velas traballando (enlace)

    O esqueleto dos equinodermos está no interior do animal de forma que non  precisa mudas como nos artrópodos. Esqueleto

   Seguro que en máis dunha ocasión atopaches na praia algo parecido a imaxe da dereita: é o esqueletoourizo dun ourizo morto. Tes á dereita unha imaxe dun ourizo vivo para comparar.

    Os equinodermos teñen reprodución sexual con desenvolvemento indirecto, xa que do ovo sae unha larva moi diferente ao adulto.

    Tendo en conta este dato, cres que será necesario que os equinodermos sufran metamorfosis?

    A última característica peculiar dos equinodermos ten moi interesados aos biólogos: a súa portentosa capacidade de rexeneración. Cadaestrela brazo dunha estrela de mar é capaz de producir un individuo completo.

    Imaxinades que nós puideramos reproducir un brazo amputado, por exemplo?

Son equinodermos:

equinodermos

Investigamos

    Os crinoideos son animais moi pouco frecuentes nos mares actuais. Crinoideo

    Investiga un pouco sobre eles:

  •     Cando foron máis frecuentes?
  •     Onde viven?
  •     De que se alimentan?
  •     Hai crinoideos en Galicia?...