O medio litoral
Protozoos
En xeral son de maior tamaño cás bacterias. Son organismos eucariotas unicelulares. Son todos heterótrofos, é dicir, aliméntanse de materia orgánica. A maioría dos protozoos viven libres na auga, aínda que un pequeno grupo deles causan enfermidades. Estes organismos descóbrense xunto aos primeiros microscopios no século XVII e deixan
abraiados aos investigadores. A variedade de formas e mecanismos de desprazamento dos protozoos parece non ter fin. Pero basta de leria e a traballar; Imos cultivar os nosos protozoos.
Colle un pouco de auga dunha charca. Basta cunha botella pequena, pero non esquezas coller algunha folliña, un pouco de lama... Espera uns días e... ao laboratorio. A que se parece o que debuxaches?
