Saltar navegación

Algas

Audioguía Algas

“Contra o mediodía, chegamos á beira da fraga de “Crespo” do capitán Nemo; tratábase dunha concentración de algas impresionantes, duns trinta metros de Bosquealto, que ondeaban na espesura líquida a modo de xigantescos salgueiros. Fixándome na ollada de Conseil, que se percibía por detrás do portelo do seu escafandro, crin albiscar, como un reflexo dos meus propios trazos, o marabillado que estaba con esta visita.” As viaxes fantásticas de Jules Verne

 

As algas son organismos eucariotas e autótrofos. Poden ser unicelulares, como as diatomeas, ou pluricelulares. Neste último caso todas as células da alga terán unha forma e un funcionamento similar polo que non forman tecidos.

Agochadas baixo as augas, as algas teñen un papel fundamental na produción de osíxeno e na eliminación do dióxido de carbono. Nas zonas nas que os océanos acadan máis profundidade as algas unicelulares viven na superficie, xa que precisan da luz solar para facer a fotosíntese, formando o fitoplacton. Nas zonas costeiras as algas pluricelulares tapizan os fondos mariños ata a profundidade que alcanza a luz, proporcionando alimento ao resto dos organismos mariños.

Galicia ten unha enorme diversidade de algas mariñas que se clasifican segundo a súa cor en: