Vertebrados ou case
Audioguía Vertebrados
Lemos o mar
“Durante millóns e millóns de anos sucou os mares do mundo unha enorme e voraz quenlla, un parente da
actual quenlla branca, que pode alcanzar ata cinco metros de lonxitude e devorar a un neno dun bocado. Polo contrario, a quenlla xigante primitiva Carcharodon megalodon era entre dúas e tres veces maior: medía de 10 a 15 metros. Na súa boca cabía de pé un home adulto. Deste peixe de pesadelo que viviu hai uns cen mil anos, hoxe so dan testemuña os enormes dentes triangulares (de ata dez centímetros). As veces especúlase coa hipótese de que eses monstros sobreviviran nas profundidades abisais pero ata o momento non hai a menor proba diso. “ O libro dos animais misteriosos. Lothar Frenz
Le atentamente o texto e contesta ás seguintes cuestións:
- Describe en dúas liñas ao Carcharodon megalodon.
- Cal é a etimoloxía dese nome científico?
- Que única especie deste xénero nada nos mares actuais?
- As quenllas teñen fama de devoradoras de homes. Busca información sobre o número de ataques a humanos no último ano. Busca información sobre o número de atropelos que tiveron lugar en Galicia no mesmo ano. Discute os resultados.
- Que tipo de quenllas podemos atopar nas costas de Galicia?
Os vertebrados pertencen ao filo cordados, unha categoría que inclúe outros grupos de animais presentes nos fondos galegos.
As ascidias,
como a que aparece na imaxe da dereita, son un bo exemplo destes outros cordados.
Son familiares máis próximos a nós que centolas ou arañas, ves o parecido?
Igual no adulto non pero si observas a larva, na esquerda, verás como si que ten un parecido importante cos peixes. Os adultos son animais filtradores que viven pegados ao fondo mentres que a larva nada libremente.
Tamén son ascidias:
- A estrutura laranxa que se está comendo o molusco. Non é unha ascidia senón unha colonia delas.

- Outro grupo de ascidias coloniais.

Un segundo grupo de cordados esquecidos está formado polas salpas.
Moi frecuentes, forman parte do zooplancton e poden vivir libres ou formando colonias.
Nas costas de Galicia aparecen con moita frecuencia, seguro que algún día atopaches unha nadando. Non hai problema, non pican. A próxima vez que a vexas acércate a mirala con detalle.
Pero deixemos os prolegómenos e entremos de cheo no estudo dos vertebrados, animais co cordón nervioso protexido polas vértebras.
