Anélidos
Tamén coñecidos como vermes inclúen formas de vida tan impresionantes como a que podedes ver na imaxe da dereita. (o verme está
dentro do tubo e o que vedes por fóra son as estruturas que emprega para comer)
A diferenza dos platelmintos, os anélidos teñen simetría bilateral e un corpo cilíndrico e dividido en segmentos, sendo esta última característica a máis interesante achega dos anélidos.
Neste tipo de vermes distínguense unha cabeza, coa boca e os órganos dos sentidos, e un ano. Entre ambos os segmentos aparecen outros moitos nos que os órganos se repiten, si estás no certo: cada segmento terá corazón, ril... polo que un anélido pode ter decenas de corazóns.
Investiga
A metamería, que é o nome raro da división en segmentos, aparece por primeira vez nos anélidos hai máis de cincocentos millóns de anos e
continúa estando presente en moitos animais, incluídos os humanos. Pensa un momento, de que estruturas corporais falamos? Deberán estar repetidas múltiples veces ao longo do noso corpo.
Os anélidos viven libres en ambientes terrestres e acuáticos pero tamén existen especies parasitas. Entre as formas mariñas destacan os
vermes plumeiro. Estes organismos capturan o alimento grazas a unhas coroas de tentáculos que capturan o alimento e o dirixen cara á boca. Premendo sobre a imaxe da dereita poderás ver un vídeo que mostra este proceso.
Poden realizar reprodución sexual e asexual.
