Saltar navegación

A última fronteira

Lúa “Aos oceanógrafos gústalles dicir que sabemos máis da superficie da Lúa que sobre o fondo oceánico.” A exploración do mar. R. Kunzig

     Que pasa cos fondos mariños? Por que temos tantas dificultades para coñecelos cando cobren a maior parte do planeta e nos proporciona alimentos, calefacción... Pois os problemas que temos para coñecer os fondos mariños son os mesmos que deben superar os seres vivos para vivir neles: a presión, a luz e a temperatura. Analicemos estas dificultades grazas ao equipo de mergullo autónomo.

  •  Adaptados ao medio mariño.

    Observa a imaxe e pensa, quen nadará mellor?

    Evidentemente os peixes teñen unhas adaptacións que lles permiten moverse con Napoleónfacilidade no mar: forma do corpo, aletas... Nós, en cambio, necesitamos unha serie de artefactos para conseguilo. Aínda que o máis evidente destes aparellos son as aletas, o máis interesante é o chaleco hidrostático. Este complemento permítenos flotar sen realizar esforzo.

    O chaleco de mergullo realiza o mesmo papel cá vexiga natatoria dos peixes, unha bolsa que enchen ou baleiran de aire segundo queiran subir ou baixar. Os peixes non necesitan pensar se queren encher o baleirar a vexiga pero os humanos si, e para tomar a decisión correcta temos que saber un pouco de física.

Física do mergullo

Pincha sobre o enlace (aquí) e responde as seguintes cuestións:

  • Que á a flotabilidade positiva?
  • Por que non sentimos a presión no corpo?
  • Que lle sucede ao volume a medida que aumenta a presión coa profundidade?
    • Imaxina que en lugar de baixar cunha botella aberta como fan no vídeo, levas unha botella tapada cun tapón de cortiza. Que pasaría?
  • Que sucedería nos teus pulmóns se subiras aguantando a respiración durante unha inmersión?
  • Tendo en conta os efectos da presión, durará o mesmo unha botella de doce litros de aire nunha inmersión a trinta metros e noutra a cinco metros?
  • No vídeo falan de distintos tipos de barotraumas, que problemas engloba ese termo? (un exemplo)
  • No vídeo os mergulladores empregan sinais para entenderse baixo a auga, cal é o sinal de todo vai ben? E o que indica un problema?

Recapitulando:

  • A medida que imos descendendo temos maior cantidade de auga enriba de nós e empezamos a notar molestias nos oídos. Non é Mergullandomáis que a presión da auga golpeando contra o tímpano.
  • Unha vez iniciado o descenso caemos cada vez máis rápido axudados pola presión. Para flotar á profundidade que queiramos necesitamos encher de ar o chaleco ata conseguir flotabilidade neutra. Na imaxe da dereita vedes como o mergullador introduce ar da botella no chaleco premendo un botón coa man esquerda.
  • Cando ascendemos temos o problema contrario, a medida que hai menos auga enriba, e menos presión sobre o aire do chaleco, o volume deste ar aumenta polo que deberemos baleirar un pouco para evitar subir disparados.

Repasamos no laboratorio

Repasamos a lei de Boyle no laboratorio (Pincha sobre o globo para ver como facer)

Globo
 Dominio público

 

   Nudis A segunda adaptación ao medio mariño que merece unha mención é a respiración. Moitos animais mariños empregan branquias para respirar pero os humanos estamos máis cómodos cos pulmóns, moi útiles en superficie pero un desastre na auga. A solución, meter ar comprimido nunha botella e levalo aos pulmóns mediante un artefacto chamado regulador (o mergullador da imaxe equivocou o lugar deste aparello. Lévao na man dereita en lugar de na boca). NON É OSÍXENO É AR COMPRIMIDO.

    O mergullo deportivo está limitado aos corenta metros, por debaixo desta profundidade os mergulladores técnicos empregan outros gases distintos do ar: trimix, nitrox...

Investiga

InInInvestiga sobre o contido de osíxeno dos fondos abisais.

Esponxa
Euplectella aspergillum ,Dominio público


Mergullo en xeo
 Dominio público
  • Temperatura da auga. Galicia é un gran produtor de marisco grazas a que as súas augas están cargadas de nutrientes. Isto débese a que a auga superficial está mesturada con augas profundas que son moi frías. A temperatura superficial soe estar entre os once e os dezanove graos. A esas temperaturas un humano chega rápido á hipotermia (a súa temperatura corporal baixa por debaixo dos 36 graos) e pode morrer polo que os mergulladores teñen que protexerse con traxes especiais. Con algúns destes traxes podemos incluso mergullar baixo o xeo.

 

Pasando frío

    Os organismos que viven nas zonas máis profundas dos océanos teñen que soportar temperaturas constantes duns catro graos centígrados. Xa sabemos que eses animais non regulan a súa temperatura así que, como sobreviven con tanto frío?

  • Luz

    Observa as dúas imaxes.

Mar Egeo Mar Vermello

Profundidade: 12 metros

Hora: 10:30 da mañá

Lugar: Pecio do Mar Egeo. Coruña

Profundidade: 30 metros

Hora: 8:00 da mañá

Lugar: Little Brother. Exipto

    Como podes comprobar a luz non alcanza a mesma profundidade en todos os lugares do planeta. Pero, a que se debe a falta de visibilidade da imaxe de Galicia?

    O primeiro dos motivos é moi evidente, o noso clima con moitas precipitacións e temporais, fai que se removan as partículas do fondo escurecendo as nosas costas. O segundo motivo fundamental é a gran riqueza en nutrientes do noso mar. Así o fitoplancto é capaz de crecer cun pouco de luz, provocando tamén que aumenten os consumidores (zooplancto). Entre todos fan que a capa superficial de auga en Galicia soa ter a cor da imaxe. A trinta metros de profundidade a visibilidade é excelente moitas veces, pero dá a sensación de ser noite xa que non chega a luz por esa capa superficial chea de vida. (No seguinte vídeo no pecio do Cardenal Cisneros podedes ver a pouca luz que hai a máis de sesenta metros de profundidade cerca de Fisterra)

Importancia da luz

Nos fondos abisais non hai produtores, como pode haber consumidores?

  • Presión. No gráfico da dereita podes ver como vai aumentando a presión a medida que nos afundimos no océano.
    Cada dez metros a presión aumenta unha atmosfera, así aos vinte metros temos o dobre de presión que aos dez. Evidentemente iso ten que ter consecuencias, lembras o globo? Pois imaxina o que sofren as túas cavidades corporais.

Océano profundo
NOAA. Ocean explorer Dominio público


Coa presión tamén se producen alteracións no estado de consciencia dos mergulladores, é a narcose de nitróxeno. Observa o vídeo (enlace) e explica que consecuencias ten a narcose para un mergullador.

Os organismos que viven a grandes profundidades teñen adaptacións que lles permiten soportar presións que esmagarían un autobús.

    A extracción de petróleo a grandes profundidades é unha das actividades que saca proveito dos grandes avances da oceanografía. No seguinte vídeo  (enlace) verás como fan para perforar a centos de metros de profundidade.