Saltar navegación

Musgos

  Os musgos son vexetais sen tecidos condutores que permitan comunicar as distintas partes da planta. A ausencia destes tecidos fai que os Brionmusgos non podan ter grandes tamaños xa que todas as partes da planta teñen que estar cerca unhas doutras.

  Na imaxe da dereita podes ver como os musgos teñen un ciclo vital no que se alternan dúas fases cun aspecto moi diferente:

Musgo
Bob Blaylock. A bit of moss (CC BY-SA)

 

  • O gametófito que forma os gametos. É autótrofo e, observado en detalle, parece ter unhas raíces e unhas pequenas follas.
  • Espermatófito, formador de esporas. Como podes ver na foto esta etapa da vida do musgo crece sobre o gametófito. Na parte superior do esporófito hai un depósito no que están as esporas que, unha vez liberadas, darán lugar ao gametófito.

  Este ciclo reprodutor, no que se alternan dúas fases (gametófito e esporófito), chámase ciclo alternante.

Ciclo alternante
Peter Coxhead. Alternancia de xeracións (Dominio público)