Fungos
(Vale, os fungos non son todos microscópicos pero algunhas veces hai que ir coa minoría e si que hai fungos microscópicos.)
Son organismos eucariotas, uni ou pluricelulares e heterótrofos. Como sucedía cos grupos anteriores, hai fungos que provocan enfermidades. Outros moitos cumpren unha importante función ecolóxica xa que se alimentan de organismos en descomposición, son saprófitos.
A pesar de que os fungos macroscópicos se asocian ás setas, estas non son máis que as estruturas que empregan para reproducirse. O resto do fungo crece baixo a seta, son as hifas (podes
velo na imaxe da esquerda). Ese é o motivo polo que cando se recolectan setas é importante cortalas pola base en lugar de arrancalas, non queremos matar as hifas que forman as setas.
Para os afeccionados ás setas unha páxina de interese. Segues con ganas de ir a buscar setas? Dúas aplicacións para o móbil:
- Guía de setas silvestres (en googleplay)
- Setas setamanía (en googleplay)
NUNCA COMADES UNHA SETA SEN ESTAR MOI, MOI, MOI, MOI SEGUROS
Todos os anos morren “expertos” por comer setas velenosas.
Nin estas aplicacións nin ningunha son infalibles, non vos fiedes só dunha fonte.