O medio litoral
Réptiles
Os réptiles son rimeiros vertebrados completamente terrestres. Algúns incluso son capaces de vivir en ambientes con moi pouca auga, é o caso do camaleón da dereita.
Este grupo zoolóxico é o responsabls dunha achega evolutiva fundamental, o ovo autosuficiente.
O ovo dos réptiles é un acuario individual que permite que as crías vivan:
- Protexidas pola cáscara.
- Nun medio acuático grazas ao amnios.
- Con alimento suficiente proporcionado polo vitelo.
- Cun sistema respiratorio, o corion.
- Limpos grazas a un mecanismo de eliminación de refugallos, o alantoides.
Como animais poiquilotermos os réptiles dependen da temperatura exterior polo que é frecuente velos “tomando o sol” sobre as rochas.
Respiran por pulmóns e non teñen fases larvarias polo que teñen desenvolvemento directo.