Saltar navegación

Mamíferos

    Leóns mariñosO noso grupo zoolóxico propón outra opción para o desenvolvemento das crías, facelas medrar no interior da femia.

    Xa non precisamos auga, nin darlles temperatura, nin protexelos ou deixalos sós cando temos que saír a buscar comida.

Investigamos

    En realidade nós só convivimos cun tipo de mamíferos, os placentarios, cun desenvolvemento que se corresponde exactamente co comentado arriba, pero hai outros dous grupos de mamíferos:

  • Cales son? Atopa un exemplo de cada  un deles.
  • Onde viven?
  • Por que non existen en Galicia ningún deses mamíferos?

   

MAmíferos
NASA (Dominio público)


Os mamíferos temos unha dentadura moi peculiar dentro do reino animal xa que temos dentes especializados en distintas funcións: caninos para desgarrar, molares para triturar...

Mergullamos na historia

    Un grupo especial da nosa clase son os mamíferos mariños como os golfiños, focas ou baleas. Adaptados á vida no mar inclúen os maiores animais sobre a terra, a pregunta é por canto tempo? Contestade ás seguintes cuestións sobre a caza de baleas mentres vemos o documental “Galicia no lombo da balea

  1. Resume brevemente o vídeo.
  2. Vai anotando os nomes vulgares e científicos das especies de balea que saen no documental.
  3. Dende cando está documentada a caza de baleas en Galicia?
  4. Onde estaban as dúas principais factorías hispano-norueguesas?
  5. Como distinguían baleas e cachalotes mirando o soplo ou chorro?
  6. Que medidas impuxo a Comisión Baleeira Internacional á industria baleeira española?
  7. Cando se deixou de cazar baleas en Galicia? E no mundo?
  8. Analiza a situación actual das baleas no mundo e comenta cos teus compañeiros sobre a necesidade da caza da balea.

Reflexionamos

    O certo é que a relación do home cos outros mamíferos ten tendencia a ser problemática: envelenamos aos raposos, odiamos e tememos ou lobo, incluso o oso pardo ibérico desapareceu de Galicia.

    A que cres que se debe esta situación?

    Discúteo cos teus compañeiros. (podedes ver o documental “Os cazadores inocentes” da serie El Hombre y la Tierra para poñervos en situación.)