Saltar navegación

Anfibios

    Tamén poiquilotermos, os anfibios viven a cabalo entre a auga e a terra.

Ra
Paulo Brandao. Frog and insect. River Umia. Pontevedra. Galicia (CC BY-SA)

    As larvas, como os cabezóns que seguro que coñeces, viven na auga mentres que os adultos poden pasar períodos fóra da auga respirando fundamentalmente pola pel. Este mecanismo de respiración obrígaos a ter sempre a pel húmida polo que nunca se separan demasiado da auga.

    Todos os anfibios teñen catro patas sendo a presenza ou ausencia de cola a que nos permite diferenciar as ras que son anuros, das

Triturus marmoratus
Clara Cartier. Triturus marmoratus (CC BY-SA)

píntegas que son urodelos.

    Algúns anfibios están en serio perigo de desaparición como consecuencia da perda dos seus hábitats. Por exemplo, a rehabilitación de lavadoiros e fontes con cemento está poñendo contra as cordas a supervivencia dos pintafontes.

Profundamos

No seguinte vídeo (enlace) podes ver como se produce a metamorfose dun anfibio, concretamente do sapo corredor.

  1. Debuxa as distintas etapas que observas e indica as diferenzas entre elas.
  2. Discute cos teus compañeiros os resultados de cada un deles.

NON COLLAS ANIMAIS. DÉIXAOS VIVIR NO SEU AMBIENTE.