Saltar navegación

Artrópodos

    

armadura
Licenza: Dominio público

 

    Sorprendido pola imaxe? Pénsao ben: a que animais se parece a estrutura da armadura?

    Os artrópodos son animais cun esqueleto externo dividido en partes e articulado para permitir o movemento.

Que sabemos?

   Atopa na seguinte sopa de letras dez animais con esqueleto externo duro e articulado, é dicir, dez artrópodos.

Sopa

   Un esqueleto externo duro ten moitas vantaxes pero tamén ten inconvenientes, por exemplo:

  • Como crecer? Cada vez que o animal medra ten que abandonar o antigo esqueleto e formar un novo. Este proceso de muda pode ir acompañado por un cambio de aspecto, a metamorfose que todos coñecemos nas bolboretas. Na imaxe da dereita podedes ver
    Muda
    Donna. Crab moulting (CC BY-NC)

    diante o antigo caparazón.
  • Como respirar? Cando estás cuberto por un esqueleto duro e non tes pulmóns resulta moi difícil respirar. Moitos dos artrópodos acuáticos teñen branquias parecidas ás dos nudibranquios, pero os terrestres non poden usar esa solución. Unha opción é a aparición de buratos no esqueleto que comunican co interior do corpo permitindo a entrada do ar.

Os artrópodos son con diferenza o grupo de organismos máis abundantes, 80 de cada cen animais son artrópodos como por exemplo:

  • Os crustáceos como as nécoras ou as centolas pero tamén son crustáceos os percebes, así que pensemos, que teñen en común? Xa centolao tes? Si, é difícil, e tanto. Son detalles como o número de antenas ou as larvas que teñen os que unen nécoras e percebes. En xeral son acuáticos e teñen o corpo dividido en seccións.  Por agora quedémonos en que non terán seis ou oito patas.
  • Os insectos como as abellas ou as pulgas é o grupo máis numeroso entre os artrópodos pero non ten
    Cabaliño
    Dominio público

    importante representación no medio mariño galego.Teñen sempre seis patas e o corpo dividido en tres partes:

    cabeza, tórax e abdome. A presenza de tres pares de patas permite distinguir os insectos do resto de artrópodos.

    Moitos insectos presentan desenvolvementos indirectos cunha ou varias etapas larvarias antes de desenvolver o adulto, a única etapa con capacidade para reproducirse.

 

Pensamos a Ciencia

Observa o seguinte vídeo e analiza as diferenzas entre a vida do adulto e da larva dese insecto.

Que vantaxes cres que ten que ambas as formas teñan unha vida tan diferente?

  • Os arácnidos como escorpións e arañas. Cantas patas ten o escorpión da imaxe? Todos os arácnidos teñen catro pares de patas.
    Escorpión
     Dominio público

    Como sucede cos insectos, non aparecen moi representados no medio mariño pero si no terrestre. Os arácnidos son grandes cazadores e empregan velenos que poden ser mortais para o home.

Profundamos

    Pincha sobre a o enlace e resolve todas as dúbidas que podan quedarche sobre os artrópodos: información, xogos, investigacións...