Pictionome
Audioguía Pictionome
“Prezado profesor e señorita Tate:
Os membros da Comisión de Taxonomía Vexetal do Instituto Smithsoniano temos o pracer de informalos de que vostedes identificaron unha nova especie de vez ata o de agora descoñecida... É costume pórlle o nome da primeira persoa que identifica a especie, ou calquera outro nome que este escolla, sempre que non estea xa en uso. Permítenos suxerirlle que a planta sexa coñecida como Vicia tateii? Isto iría na liña dos costumes habituais en taxonomía.” A evolución de Calpurnia Tate. Jacqueline Kelly.
A protagonista do texto introdutorio, Calpurnia Tate, é unha rapaza da túa idade. Cres posible que un rapaz coma ti poda descubrir unha nova especie? Que nome lle porías?
Como moi ben di o texto o descubridor ten dereito a poñer nome a especie que descobre. Pero non todo vale na nomenclatura científica. Por exemplo, dende hai varias décadas está prohibido poñer nomes degradantes, e todo porque a alguén se lle ocorreu poñer o nome da súa sogra a un bicho feo. Agora ben, estou falando do nome científico, porque cada un pode poñer o nome vulgar que lle pareza.
Para evitar confusións todas as especies de seres vivos teñen un nome, o nome científico, que non cambia dun país a outro. Desta forma, nun texto en chinés calquera persoa pode recoñecer os nomes científicos sen necesidade de saber o idioma.
Imos probar, intenta atopar os nomes científicos neste texto:

Que teñen en común todos os nomes científicos?
• Número de palabras?
• Maiúsculas e minúsculas?
• Negriña, cursiva?
Agora intenta atopalos neste texto en inglés

Veña, e agora máis fácil, un en castelán. (incluso, se te fixas un pouco, podes traducir o texto chinés)

Ao longo desta unidade estamos atopando moitos textos e vídeos en inglés, o idioma da ciencia no século XXI. Tendo en conta os nomes científicos dos textos, cal cres que era a lingua da ciencia cando se inventan os nomes científicos no século XVII? Nunca escoitastes iso de “ese sabe latín”?
Chega o momento de practicar para que non teñas problemas no caso de necesitar poñerlle nome a un ser vivo.
Como acabamos de ver, os nomes científicos escríbense en empregando raíces latinas (tamén gregas). Respecto ao nome hai poucas regras pero si que se roga que sexa descritivo, é dicir, que sabendo un pouquiño de latín, e de grego, sexamos capaces de coñecer algunhas das características do ser vivo a partir do nome. Por exemplo, o chasco, ese paxariño da esquerda, chámase Saxicola torquatus.
Ese nome infórmanos de:
- Que vive en zonas rochosas. Saxum, "rocha" + incola, "quen habita nun lugar".
- E torquatus? Mira ben a foto.
Proba a imaxinar os seguintes dinosauros a partir do seu nome (como por agora non sabemos moito de grego, nin de latín, mirade nesta páxina para facer a tradución):
- Deinocheirus
- Deinonychus
- Oviraptor
- Velociraptor
- Barosaurus
Preparados? Xoguemos entón.
A dinámica do noso xogo, o Pictionome, é similar ao Pictionary,. A principal diferenza é que aquí todos os nomes farán referencia a dinosauros polo que só debuxaremos eses animais. Empregaremos as raíces gregas e latinas que aparecen no seguinte cadro.
Un grupo ten que fabricar un nome científico dun dinosauro e pasarlle a tarxeta ao debuxante doutro grupo.
Este terá que conseguir que o seu equipo adiviñe o nome científico só mediante debuxos.
Para aumentar a emoción todos os grupos recibirán unha carta dun equipo diferente.
O primeiro en acabar gaña.
Regras fundamentais do Pictionome:
• O nome científico ten que ser descritivo e debe poder ser debuxado.
• NON SE PODE FALAR.
Investigamos
- Que profesor sueco inventou o actual sistema para nomear aos seres vivos?
- Como se chama ese sistema?
- Ese profesor ensinou na mesma universidade na que traballou un dos científicos galegos máis importantes da actualidade. De que científico se trata?
- En que temas traballa ese científico?