Saltar navegación

Grumetes

Audioguía Grumetes

Actividade de lectura

“O ano 1866 estivo marcado, sobre dos mares, por unha serie de fenómenos inexplicables. Repetidas veces,

Balea
Dominio público

barcos cruzaron no medio do océano a traxectoria dunha “cousa enorme”, un animal en forma de fuso, ás veces fosforescente, máis grande e máis rápido que unha balea.

Ben que todo o mundo de a bordo coidaba que era un cetáceo, dado que a “cousa”, percibida durante tan só uns segundos, proxectaba no ar columnas de vapor de auga como fan estes mamíferos cando acadan a superficie. Durante seis meses, os testemuños fóronse sucedendo, provenientes dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico.” 20.000 leguas baixo os mares. As  viaxes fantásticas de Jules Verne.

Le atentamente o texto e:

  • Busca no dicionario as palabras que non entendas e incorpóraas ao teu glosario.
  • Imaxina que es un periodista que ten que facer unha noticia deste texto. Cal sería o titular?
  • Cal sería o corpo da noticia?
  • No texto afírmase que o animal tiña forma de fuso. Investiga en Internet.
    • Como é a forma de fuso? (A última fronteira)
    • Os peixes teñen forma de fuso. Que utilidade ten esa forma para un peixe?
    • Como respiran os peixes?
    • E as centolas ou as nécoras?
    • Hai algún vertebrado que respire pola pel?
    • E xa postos, por que se chaman vertebrados? (Vertebrados)
    • Os peixes clasifícanse en dous grandes grupos:
      • Cartilaxinosos como as quenllas
      • Óseos como o escacho.

        Busca outros tres peixes cartilaxinosos e outros tres peixes óseos.Quenlla

  • Que tal ven os peixes? É certo que poden ulir? Teñen os mesmos sentidos ca nós?
  • Como se chama o peixe da imaxe? Melgacho, pintarroxa, marraxo?

Actividade de lectura

“Prezado profesor e señorita Tate:Ribeira

Os membros da Comisión de Taxonomía Vexetal do Instituto  Smithsoniano temos o pracer de informalos de que vostedes identificaron unha nova especie de vez ata o de agora descoñecida... É costume pórlle o nome da primeira persoa que identifica a especie, ou calquera outro nome que este escolla, sempre que non estea xa en uso. Permítenos suxerirlle que a planta sexa coñecida como Vicia tateii? Isto iría na liña dos costumes habituais en taxonomía.” A evolución de Calpurnia Tate. Jacqueline Kelly.

A protagonista do texto introdutorio, Calpurnia Tate, é unha rapaza da túa idade. Cres posible que un rapaz coma ti poda descubrir unha nova especie? Que nome lle porías? (Nomeando)

  • As aves son outro grupo de vertebrados moi presente no medio mariño. Coñeces as aves do mar? Imos dar un paseo pola costa para intentar identificar as aves máis frecuentes grazas a unha clave dicotómica (aquí). É moi fácil de usar, só tes que elixir entre as opcións que dá e ter un pouco de paciencia. 

Identificamos as aves

Proba poñéndolle nome a estas aves.

Aves de costa

  •     Os peixes e as aves son animais, pero non son os únicos animais dos fondos mariños. Tamén hai esponxas, cnidarios como as Xogomedusas ou a man de morto, vermes como os sabélidos, moluscos como os nudibranquios, equinodermos como os ourizos ou as estrelas de mar, crustáceos como o lumbrigante. Fai o encrucillado para lembrar as características de todos eses grupos. (Invertebrados)

Caracol esponxa  

  Mirade a imaxe da esquerda. Que demo é iso?  Non é unha mala pregunta.  É un animal?  Unha planta?  Un fungo?    Que máis cousas pode ser? En que debemos fixarnos para clasificar un organismo vivo? 

    Aínda que vos pareza mentira a imaxe é un animal, unha esponxa para ser concretos, e neste apartado imos reflexionar o porqué desta clasificación.

Clasificando

Clasifica en dous grupos os seguintes obxectos.

Obxectos para clasificar

Cal foi o criterio que empregaches?

Clasifica en dous grupos os seguintes obxectos:

Outro máis

Agora clasifica estes outros obxectos en dous grupos:

Obxectos para clasificar

Cal foi o criterio que empregaches?

Clasificamos

  • Prioxon. Formado por cubos verdes, con ollos pero sen patas.
  • Raxisto.  Con ollos, de cor verde e formado por triángulos con dúas patas cada un.
  • Biorau. Sen patas, formados por cubos laranxas. Comen verdura.
  • Temtio. Formados por triángulos. Teñen dúas patas en total e cor amarelo.

 Debuxa primeiro os organismos, resultará máis fácil clasificalos.

   

Olinguito
Mark Gurney. Olinguito (CC BY)


Xa sabes clasificar, es capaz entón de organizar! Pero cantas especies hai que ordenar? Só contando as especies vivas actualmente, é dicir, eliminando dinosauros e demais organismos extintos, hai máis de millón e medio de tipos de organismos para ordenar... e todos os anos descubrimos centos máis. (Aínda poda parecerche raro case todos os anos descubrimos unha nova especie de mamífero. O animaliño da dereita descubriuse no ano 2013) (Descubrindo)

Investigamos

    Buscamos a un dos grandes botánicos españois. No seu obituario apareceu o seguinte comentario: "Morreu como os verdadeiros sabios, tan pobre en cartos como rico en amarguras”

    De que  científico falamos?

    Que é un herbario? Para que serve?

    Para organizar toda esta biodiversidade empregamos algo chamado “categorías taxonómicas”. Imos ver un vídeo para comprender o concepto. (Preme no enlace para ver o vídeo.)

    Que tal? Xa sabes as categorías e a orde xerárquica destas? Probemos:

    • Arrastra e ordena.Xogo categorías 
    • Xoguemos cos compañeiros. Quen engloba a quen? Pica sobre a imaxe e introduce o pin e o teu nome antes de empezar a xogar ( Neste enlace tes o código para xogar na casa empezar)
    • Agora proba ti e fai un Kahoot das categorías taxonómicas para que xoguen os teus compañeiros. (Organizando)

  • Nos océanos non só hai animais, tamén hai bacterias ou algas. Imos prestar atención a estas últimas.

    As algas, como os vexetais, obteñen a súa enerxía do Sol polo que non necesitan comer coma nós. (Algas)Verónica

    No parágrafo anterior queda claro que os vexetais e as algas non son a mesma cousa? Hai varias diferenzas, pero a máis importante está representada na imaxe da dereita. Que teñen os vexetais que non teñen as algas?

                   As algas clasifícanse segundo a cor en vermellas, pardas e verdes. Esa cor depende do pigmento fotosintético que posúen en maior cantidade porque, aínda que non o pareza, sempre teñen máis dun. Os pigmentos fotosintéticos presentes nun organismo poden observarse mediante unha técnica chamada cromatografía. (Como facer unha cromatografía en papel sen demasiado material. Comproba o resultado)

 

    Nos océanos hai poucas plantas pero algunhas delas teñen unha gran importancia tanto na natureza como para os mariñeiros: é o caso da posidonia. Vexamos un vídeo sobre ela (enlace) e analicemos a importancia da posidonia nos fondos do Mediterráneo: Que beneficios ten? Por que non é unha alga? Por que está desaparecendo? Somos o seu inimigo? (Vexetais)

 

Investigamos sobre cetáceos

  • Que son? Son peixes?
  • Que comen? Onde viven? Que perigos sofren?
  • A caza de baleas provocou a case desaparición de moitas especies. Busca outros exemplos de animais mariños que estean en perigo de extinción.
  • Que estamos facendo para provocar a desaparición de especies mariñas?
  • Como podemos solucionalo?
  • Que outros mamíferos mariños hai nas nosas costas?

Lendo o mar

    “Así como gran parte da poboación de Galicia vive da terra, outra moita vive do mar.Costa

    O mar, o mesmo cás herdades, ten uns produtos e precisa uns traballos e unhas ferramentas determinadas para darlle utilidade.

    As aplicacións que teñen os produtos do mar son tamén varias: dalgunhas falamos xa, como do estrume feito a base de algas, etc. Agora imos ver a súa utilidade fundamental; a da alimentación do home.

    No mesmo senso ocuparémonos tamén dos ríos, máis sen perder de vista que a importancia destes é menor que a do mar xa que, por seren máis pobres en peixe, proporcionan unha riqueza menor e son, polo tanto, menos os homes que viven del {...}

    Limitarémonos a lembrar que xa na cultura dos castros debeu de ter un grande desenvolvemento a xulgar polos  achados de pesos de rede, anzois de bronce e ferro, cravos de bronce para embarcacións e restos de peixes e moluscos que son correntes nas nosas costas.

    As embarcacións, ao ir facéndose máis grandes e seguras, contribuíron ao desenvolvemento das artes de pesca.” O mar e os ríos. Xaquín Lorenzo

Le o texto e contesta ás seguintes cuestións:

  • Busca no dicionario as palabras que non entendas e incorpóraas ao teu glosario.
  • Imaxina que es un periodista que ten que facer unha noticia deste texto. Cal sería o titular?
  • Fai un resumo nun máximo de tres liñas.
  • Quen foi Xaquín Lorenzo?

Coidamos o mar

  A realidade é que a relación do home cos outros mamíferos ten tendencia a ser problemática: envelenamos aos raposos, odiamos e tememos ou lobo, incluso o oso pardo ibérico desapareceu de Galicia. A que cres que se debe esta situación. Comentádeo cos teus compañeiros. (Podedes ver o documental “Os cazadores inocentes” da serie El Hombre y la Tierra para poñervos en situación.) (Agresións)

Reservas mariñas

    Pero os homes non somos só a causa da destrución dos océanos, tamén somos a solución. Neste vídeo (enlace) achegan ideas para mellor a nosa relación co mar. Anótaas no teu caderno. Onde está a reserva? Busca un vídeo doutras reservas mariñas de España e preséntao en clase.

A historia mergullada

    Por desgraza algunhas veces o mar tamén se converte nun problema e a nosa costa ten moitas mostras disto. Mergullando

    Os pecios son restos de naufraxios que lembran desgrazas causadas por múltiples causas. Imos investigar sobre os pecios das nosas costas grazas ás seguintes páxinas (Bucear en la historia, Solo pecios, Naufraxios da Costa da Morte,  ). Tamén podedes atopar moita información no libro Historia da costa galega e os seus naufraxios de Fernando Patricio.

    Elixe tres deles pecios que cumpran as seguintes características: que se afundiran por causas diferentes, distintos tipos de barco e diferente século de naufraxio. Unha vez rematado preséntao na clase. (Na presentación sería bo incluír un vídeo de mergullo nalgún dos pecios)

    No mar a fluorescencia está causada polo plancto. Este forma parte do mundo microscópicos dos océanos, un conxunto de organismos que non se poden ver a simple vista pero que enchen de vida a auga. Colle un pouco de auga dunha charca, basta cunha botella pequena pero non esquezas coller algunha folliña, un pouco de lama... Espera uns días e... ao laboratorio. A que se parece o que debuxaches? (Mundo microscópico)

 

    O plancto é imprescindible para a vida nos océanos xa que dan de comer a moitos organismos mariños. Son os produtores e os consumidores primarios, a base da cadea trófica ou de alimentación. (Ecosistemas e interactuando)

Curiosidades do estudo do mar

O estudo das correntes mariñas recolle datos de acontecementos moi diferentes. Por exemplo:

-        Tras o maremoto de Xapón apareceron barcos pantasma nas costas do Pacífico. (no enlace, aquí, podes ver a imaxe dun pesqueiro xaponés atopado un ano despois do tsunami na costa Canadense. Observando a proa veredes os amarres soltos) Parece claro que hai unha corrente mariña que une Xapón e Canadá.

Busca información sobre os tsunamis: Que son? Como se producen? Busca un vídeo do tsunami de Xapón do ano 2011 no que se observen barcos soltándose do amarre.

 

-        O seguimento dos patiños de goma (e outro lixo) tamén nos achega información sobre as correntes. Si atopades un flotando escribide a Curtis Ebbesmeyer (http://beachcombersalert.org/RubberDuckies.html)

Actividade de lectura

Ría CedeiraO mar, señor Aronnax, o mar éo todo! Cobre as sete décimas partes do globo terrestre! O seu sopro é puro e san; por todas as partes, a vida e o gozo; é unha nutriz prodixiosa, inesgotable. Aliméntame, vísteme, ocúltame, protéxeme. Atopo aquí a tranquilidade suprema. É un lugar inaccesible aos déspotas humanos que transitan polo mundo sempre a pelexar! Só aquí son independente, só aquí non son amo de nada, só aquí son libre! 20.000 leguas baixo os mares. As viaxes fantásticas de Jules Verne.

 

Le o texto e anota no glosario as palabras que tiveches que buscar no dicionario.

Discute cos teus compañeiros as afirmacións do capitán Nemo no texto:

  • Vístenos? Aliméntanos? Protéxenos?
  • Inesgotable?
  • Inaccesible?

O mar inclúe unha enorme diversidade de especies, é a biodiversidade mariña.Nadando

Ademais dos valores económicos, a biodiversidade tamén ten outros valores de enorme importancia, aínda que non lles podamos poñer un prezo: Os valores estéticos ou culturais dos que falaba Castelao:

“O peixe é un dos símbolos de Cristo.

O peixe é a prata do mar feita carne.

Cada peixe ten a substancia do seu mar. O peixe do Mediterráneo sabe a carne civilizada e xa decadente. O peixe do Atlántico – un mar terriblemente salvaxe- sabe a sal de vida libre.

O peixe galego tra nas febras as mellores esencias do océano.” Sempre en Galiza. A.Castelao.

Lendo o mar

“Ao fedellar no estómago dun ave durante unha autopsia soen escoitarse os horribles chasquidos que produce Biodiversidadeo plástico. Un polo morto tiña máis de cincocentos anacos de plástico no estómago, entre eles un anaco de chapa verde oliva pertencente a un bombardeiro da Mariña estadounidense afundido a máis de noventa e seis quilómetros en 1944!

Hai máis dun século, o maior perigo para estas aves eran os cazadores de plumas. Hoxe, unha das principais ameazas é o plástico. Os polos, que dependen dos pais para alimentarse, son os máis vulnerables. Normalmente os pais regurxitan nos picos dos seus fillos unha mestura de luras e ovas de peixe extraídos en mar aberto, pero dende que os científicos empezaron a establecer controis na década de 1960, as aves estiveron levando aos seus niños cantidades crecentes de plástico.” Plástico. Un idilio tóxico. Susan Freinkel.

 

Le atentamente o texto e contesta ás seguintes cuestións:

  1. Anota no teu glosario as palabras que tiveras que buscar no dicionario.
  2. Crea un titular para a mensaxe principal do texto.
  3. Discute cos teus compañeiros medidas para reducir o problema que se comenta no texto.
  4. A imaxe que acompaña ao texto corresponde a un aguia peixeira, un ave que rara vez entra na costa. Busca información sobre ela e incorpora esa información ao teu caderno de mergullo.